Manuel Vegazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Vegazo Bermejo»)
Vegazo
Información persoal
Nome Manuel Vegazo Bermejo
Nacemento 3 de setembro de 1933 (90 anos)
Lugar de nacemento Ávila
Falecemento 12 de marzo de 2024
Lugar de falecemento As Palmas de Gran Canaria
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Sporting Burgo
1951-1952 Español
1952 Pontevedra
1952-1953 Español
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1953–1956 Xuvenil 21 (6)
1956 Real Zaragoza 5 (2)
1955–1959 Deportivo da Coruña 11 (1)
1959–1960 Racing de Ferrol 36 (13)
1960–1967 Las Palmas 109 (19)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Manuel Vegazo Bermejo, nado en Ávila o 3 de setembro de 1933 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 12 de marzo de 2024, foi un futbolista galego, que xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ávila pero trasladouse coa súa familia á Coruña aos poucos meses vida. Comeza xogando en equipos coma o Sporting Burgo e Español, e logo pasou ao Xuvenil, no que disputou a histórica tempada 1954/55, primeira e única do club coruñés en Segunda División, despois de lograr o ascenso na campaña anterior.[1]

Na tempada 1955/56 xogou algúns partidos co Zaragoza en Segunda, e o resto da tempada co Xuvenil en Terceira, e na campaña seguinte (1956–57) debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, xogando tan só un partido esa campaña. O seu debut produciuse no partido da xornada 19, que rematou en derrota, fronte ao Athletic Club (2–0). Vegazo ocupaba un posto de suplente (foi o cuarto dianteiro logo dos habituais), sendo titulares ese ano Polo, Arsenio Iglesias, Tino e Benjamín Santos.

Na tempada 1963–64 ascendeu co Las Palmas a Primeira División, onde se mantivo co conxunto canario até a campaña 1966–67.

Faleceu nas Palmas de Gran Canaria o 12 de marzo de 2024, aos 90 anos de idade.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Al perder la Ponferradina en Marín, el Juvenil puede considerarse ya en la Segunda División". El Pueblo Gallego (en castelán) (10059). 4 de maio de 1954. p. 7. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  2. "Fallece Manuel Vegazo, ex jugador de la UD Las Palmas" (en castelán). 13 de marzo de 2024. Consultado o 13 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]