Manuel Salgado González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Salgado González
Nacemento17 de marzo de 1947
Lugar de nacementoO Outeiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Norberto Salgado González, nado no Outeiro (Rodeiro) o 17 de marzo de 1947, é un empresario e político galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empresario de hostalaría. Foi elixido concelleiro de Rodeiro por Unidade Galega nas primeiras eleccións democráticas. Militante do PSdeG-PSOE, nas municipais de 1991 regresou á política como concelleiro do PSOE, manténdose como tal ata 2003. Escindiuse do partido ao perder as primarias fronte a José Benito Vence Deza. Nas municipais de 2003 presentouse por Democracia Progresista Galega, obtendo 2 concelleiros, os mesmos que conseguiu en 2007 encabezando a candidatura de Independentes de Rodeiro. Foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG-PSOE e o BNG. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura AEIR e foi o único elixido da lista, e nas municipais de 2015 volveu encabezar a lista de IDR, sendo novamente o único elixido da candidatura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Eliseo Diéguez García
 
Alcalde de Rodeiro
 
2007 - 2009
Sucesor:
José Benito Vence Deza