Manuel Reimóndez Portela
Manuel Reimóndez Portela, nado en San Miguel de Castro (A Estrada), o 26 de marzo de 1916 e finado na mesma parroquia o 20 de xuño de 1994, foi un médico, escritor e político galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Emigrou de neno a Cuba, onde fixo os estudos primarios e comezou o bacharelato, e retornou en 1932. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que non chegou a rematala debido á Guerra Civil. Cando rematou a contenda, regresou á facultade e obtivo a licenciatura en 1960, especializouse no aparato dixestivo. Exerceu a profesión na súa aldea natal. Polo seu trato chamáronlle o Médico dos Pobres.
Na época da transición presidiu a Comisión que elaborou o Estatuto dos dezaseis, o anteproxecto do Estatuto de Autonomía de 1981. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular e foi elixido alcalde da Estrada.
Foi presidente do Centro de Iniciativas e Turismo da Estrada e director do museo municipal, que leva o seu nome.
| Predecesor: Jesús Durán Martínez |
Alcalde da Estrada 1983 - 1987 |
Sucesor: Elvira Fernández |
Recoñecementos [editar]
En 1996 a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada creou na súa honra o "Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela" , co obxectivo de contribuír ao fomento e difusión da lectura na Comunidade Autónoma Galega.
Déuselle o seu nome ao Museo do Pobo Estradense.
En 2004 o Concello da Estrada réndelle homenaxe adicándolle o seu Ano Cultural.
Obras [editar]
- Guía turística de La Estrada, 1976.
- Marcas de canteiros de la desaparecida Torre de la Barreira, 1976.
- O Estatuto dos 16, 1978.
- Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra, 1985.
- A Estrada rural, 1990.
- Un médico na aldea, 1992.
- A Estrada
- El camino a Santiago por el sudeste: Ourense, Santiago de Compostela, 1993. En colaboración con José Espiño Matos e Mariano Sinde Lema.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Manuel Reimóndez Portela na lembranza. 1996. ISBN.