Manuel Puente
Manuel Puente González, nado en Salvaterra de Miño o 16 de agosto de 1890 e finado en Bos Aires o 24 de marzo de 1970, foi un empresario e galeguista de Arxentina.
Índice |
Traxectoria [editar]
Aos 13 anos trasladouse a Barcelona, onde traballou nunha tenda téxtil ata 1905. Emigrou a Bos Aires en 1906, onde se dedicou a actividades comerciais. En 1919 fundou a Empresa Manuel Puente e Compañía, que se converteu na máis importante casa de xoiería e de pratería da Arxentina. Formou parte da directiva da Cámara de Comercio Española, da que dimitiu para cofundar a Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles en 1936. Foi directivo da Federación de Sociedades Gallegas e presidente da Unión Progresista do distrito de Salvaterra de Miño. Contribuíu á fundación do Consello de Galicia, foi membro de honor do Centro Provincial Ourensán e Pontevedrés, fundou a Editorial Nós e patrocinou o xornal Correo de Galicia.
Fundación Manuel Puente [editar]
A súa filla Rosa Puente Foglia creou en Bos Aires a Fundación Manuel Puente que ten como obxectivos a conservación e difusión do seu arquivo persoal, a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas, e a catalogación dos fondos documentais e editoriais das institucións galegas establecidas en Arxentina.