Manuel Pardo de Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Xaz (Dorneda), residencia de Manuel Pardo de Andrade.

Manuel Pardo de Andrade, nado en Dorneda (Oleiros) en 1762 e finado en Francia en 1823, foi un crego liberal e escritor galego.

Traxectoria [editar]

Era o segundo fillo dunha familia fidalga. Testemuño directo da decadencia do Antigo Réxime, Pardo de Andrade foi un liberal convicto.

Desenvolveu un importante labor na prensa durante a guerra contra o francés (1808-1814) e a época posterior a esta. Foi moi coñecido polos seus ideais anti-inquisitoriais, os cales aparecen reflectidos na súa obra máis coñecida, o seu poema en romance Rogos dun Gallego, publicado de forma anónima en 1813 por Valentín de Foronda e xa posteriormente co nome do autor. En 1841 saíu unha edición na Coruña co título de Rogos de un escolar gallego á Virxe do Bo Acerto para que libre á Terra da Inquisición.

En 1814, coa chegada de Fernando VII ao trono español, caeu na obriga de exiliarse en Francia. Volveu á Coruña en 1820, coa instauración do Trienio Liberal. Mais en 1823, após da intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís e do reestabelecemento do absolutismo, tivo que regresar a Francia, onde morreu en 1823.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]