Manuel Pardo Becerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Pardo Becerra
Biografía
Morte8 de xuño de 1921 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , avogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Pardo Becerra, finado en Lugo o 8 de xuño de 1921, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Pardo Moinelo. Licenciado en Dereito civil e canónico (1886), foi avogado fiscal da Audiencia de Lugo. Con Amador Montenegro fundou en 1889 A Monteira, na que publicou no número inicial a primeira entrega dun artigo titulado "D'a fala gallega" no que se reclamaba a rexeneración da lingua galega. Colaborou en El Lucense e La Integridad. Foi presidente do Consello Diocesano da Adoración Nocturna e da Federación de Sindicatos Agrícolas. Fundou e dirixiu entre 1912 e 1921 a Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Lugo.