Manuel Ortiz Novo
Manuel Ortiz Novo | |
---|---|
Manuel Ortiz Novo, retrato en Vida Gallega, 1933. | |
Nacemento | 1891 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 16 de marzo de 1933 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Ortiz Novo, nado en Santiago de Compostela en 1891 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 1933[1], foi un mestre, xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito, aínda que non exerceu como avogado. Foi mestre e director das colonias escolares de Oza dos Ríos na segunda década do século XX. Froito desta experiencia foi a obra Colonias escolares. La experiencia de Oza de los Ríos (Madrid, 1928). Tamén tivo unha relevante participación no Congreso Pedagógico da Coruña de 1926. Colaborou en Alma Galaica, El Compostelano e noutras publicacións galegas e dirixiu a revista Suevia.
Obras[editar | editar a fonte]
- Prosas aladas del jardín interior, 1916.
- Rubén Darío. Pondal, 1917.
- De mi breviario lírico, 1921.
- Salterio triunfal, 1922.
- Colonias escolares. La experiencia de Oza de los Ríos, 1928.
- Quiso robar una estrella, 1932 (con ilustracións de Camilo Díaz Baliño[2] e colofón de Xavier Bóveda).
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María Corrales Moure.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Compostelano, 16-3-1933, p. 2, 3.
- ↑ Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Ortiz Novo |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Costa Rico, Antón (2005). "Ortiz Novo, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.