Manuel Machado (compositor)
Manuel Machado nado en Lisboa contra 1590 e finado en Madrid en 1646, foi un compositor e arpista portugués. Estivo activo en España, (nado durante o dominio filipino polo Imperio Español).
Índice |
Traxectoria[editar]
Manuel Machado estudou na Academia de Lisboa, Claustra Catedral, co compositor Duarte Lobo. Mudouse para Castela en 1610, tornouse músico da Capela Real, en Madrid, onde o seu pai Lopes Machado era harpista. En 1639 tornouse músico no palacio de Filipe IV de España e en 1642 foi recompensado "polos seus longos anos de servizo".
Obra[editar]
Manuel Machado compuxo principalmente cantigas e romances polifónicos nun estilo barroco, poucas das súas obras sobreviviran (a maior parte delas foron destruídas durante o terremoto de 1755). Todas as letras son en castelán, a lingua de influencia da época, e están caracterizadas por unha grande habilidade na utilización flexíbel do metro e da harmonía para reflectir o contido dos poemas. As súas composicións máis coñecidas encontranse en cánticos do seu tempo, tales como o Cancionero de la Sablonara, o que indica que probabelmente gozaba de gran popularidade.
Gravacións[editar]
As seguintes gravacións inclúen obras de Manuel Machado:
- 1989 - O Lusitano - Portuguese vilancetes, cantigas and romances. Gérard Lesne and Circa 1500. Virgin Veritas 59071. Track 2 "Dos estrellas le siguen", and Track 21 "Paso a paso, empeños mios"
- 1994 - Canções, Vilancicos e Motetes Portugueses. Paul van Nevel and Huelgas Ensemble. Sony Classical SK 66288. Track 2 "Qué bien siente Galatea", and Track 3 "Dos estrellas le siguen".
- 2007 - Entremeses del siglo de oro - Lope de Vega y su tiempo (1550-1650). Hespèrion XX and Jordi Savall. Alia Vox. Track 12 "Que bien siente Galatea", and Track 17 "¡Afuera, afuera! que sale"
- 2007 - Flores de Lisboa - Canções, vilancicos e romances portugueses. A Corte Musical and Rogério Gonçalves. Le Couvent K617195. Track 1 "Dos estrellas le siguen", Track 2 "Paso a paso, empeños mios", and Track 8 "¡Afuera, afuera! que sale"
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Enciclopédia Verbo Luso-Brasileira de Cultura, ed. Verbo, Lisbon/São Paulo, 1998