Manuel Lechuga Boado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Lechuga
Información persoal
Nome Manuel Lechuga Boado
Nacemento 6 de outubro de 1929
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 20 de xuño de 2020
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Atlético Olmos
María Pita
Español
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1947–1949 Xuvenil
1949–1957 Deportivo da Coruña 80 (14)
1949–1951Xuvenil (cedido)
1956–1957Oviedo (cedido) 11 (2)
1957–1958 Xerez 25 (5)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Manuel Lechuga Boado, coñecido como Lechuga II, nado na Coruña o 6 de outubro de 1929 e finado o 20 de xuño de 2020,[1] foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Era irmán do tamén futbolista Lechuga I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras comezar a xogar ao fútbol en varios equipos coruñeses como o Atlético Olmos, o María Pita ou o Español, fichou en 1947 polo Deportivo Xuvenil, no que tamén xogaba seu irmán Lechuga I.[2]

En 1949 fichouno o Deportivo da Coruña, que o cedeu dous anos de novo ao Xuvenil. Debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División na tempada 1951–52, no primeiro partido de liga contra o Racing de Santander en Riazor, que rematou con vitoria local (2–1), logrando o segundo dos tantos coruñeses. Nesa campaña o adestrador do Deportivo era Chacho, que contou con Lechuga en 11 ocasións, nas que conseguiu tres goles.

Na tempada 1955–56 logrou o seu mellor rexistro goleador no Deportivo, anotando 7 dianas. Esa foi unha campaña moi convulsa, na que o conxunto coruñés evitou o descenso a Segunda División por un punto.

Na tempada 1956–57 xogou cedido no Real Oviedo, en Segunda División, volvendo ao Deportivo nos últimos partidos da campaña e desvinculándose do Deportivo ao remate desta.

A continuación xogou unha tempada no Xerez CD, antes da súa retirada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lechuga, xogador do primeiro Dépor que gañou o Teresa Herrera, faleceu aos 90 anos
  2. "A las cinco y media, Selección Modestos - D. Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de maio de 1947. p. 5.