Manuel López Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manolín
Información persoal
Nome Manuel López Arias
Nacemento 12 de maio de 1936 (87 anos)
Lugar de nacemento Monforte de Lemos
Posición Gardameta
Carreira xuvenil
Arenas
Lemos
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1954–1959 Celta de Vigo 22 (0)
1954–1955 Leonesa (cedido)
1959–1965 Sevilla 40 (0)
1965–1966 Badalona
1966–1969 Granada
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Manuel López Arias, nado en Monforte de Lemos o 12 de maio de 1936, é un exfutbolista galego, máis coñecido como Manolín. Xogaba na demarcación de gardameta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse futbolisticamente xogando nos equipos de Monforte, o Arenas e o Lemos, este xa na Terceira División.

Na tempada 1953/54 fichou polo Celta de Vigo, porén sería cedido ao Cultural Leonesa, xa que a portería estaba moi ben cuberta con Adauto, Dauder e Padrón.

Finalmente debutou en Primeira División o 19 de febreiro de 1956 substituíndo a Padrón.

Trala marcha en anos consecutivos de Adauto e Dauder comezou a contar con oportunidades a partir da tempada 1957/58.

Tras asentarse como titular na tempada 1958/59, ano no que o equipo descendeu a Segunda División, o Sevilla FC fixase nel e fichao en 1959.

En Sevilla compite durante seis anos a moi bo nivel sen chegar nunca a ser titular indiscutíbel.

En 1965 ficha polo CF Badalona e un ano despois polo Granada CF, onde se retirou do fútbol en activo en 1969.