Manuel Jiménez de Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Jiménez de Parga
Nacemento9 de abril de 1929
Lugar de nacementoGranada
Falecemento7 de maio de 2014
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Granada, Universidade de Madrid, Universidade de Heidelberg, Universidade de Múnic, Universidade de París e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico, diplomático, profesor universitario, xurista e avogado
CónxuxeElisa Lamas
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, Grand Cross of the Order of the Second of May, doutor honoris causa pola Universidade Rey Juan Carlos e Orde do Mérito Constitucional
Na rede
Dialnet: 257221
editar datos en Wikidata ]

Manuel Jiménez de Parga y Cabrera, nado en Granada o 9 de abril de 1929 e finado en Madrid o 6 de maio de 2014, foi un xurista, político e diplomático español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor encargado da cátedra de Dereito político na Universidade de Madrid (1956) e catedrático por oposición da Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona (1957-1977). Decano da Facultade de Dereito (1976) e Reitor, en funcións, da Universidade de Barcelona (1976-1977). Deputado nas cortes constituíntes (1977). Ministro de Traballo (1977-78) e Embaixador-Representante permanente de España ante a OIT (Xenebra, 1978-1981) e presidente da Conferencia Interamericana de Traballo (1980).

Licenciado en Dereito con Premio Extraordinario pola Universidade de Granada (1951) e Doutor en Dereito pola Universidade de Madrid (1953), ampliou os seus estudos nas Universidades de Heidelberg, Múnic e París.

Catedrático de dereito constitucional na Universidade de Madrid (1981-1995). Conselleiro de Estado (1986-1995). Maxistrado do Tribunal Constitucional (1995), Presidente do Tribunal Constitucional (2001-2004).

Fundou o bufete Jiménez de Parga Avogados.


Predecesor:
Álvaro Rengifo Calderón
 Ministro de Traballo 
1977 - 1978
Sucesor:
Rafael Calvo Ortega
Predecesor:
Pedro Cruz Villalón
 Presidente do Tribunal Constitucional 
2001 - 2004
Sucesor:
María Emilia Casas

Recoñecementos e distincións[editar | editar a fonte]

Foi Doutor honoris causa da Universidade de Bordeos (1962), e da Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid (2004). Profesor emérito da Universidade de Bauru, São Paulo (Brasil, 1969). Membro da Orde do Mérito Constitucional (8-12-1988). Membro da Academia Nacional de Dereito e Ciencias Sociais (Córdoba, Arxentina, 1994). Gran Cruz de Carlos III, máxima condecoración do Reino de España (24-2-1978). Medalla de Ouro de "Ramón Carande" (10-10-97). Gran Cruz de Afonso X o Sabio, ao xubilarse como Catedrático logo de máis de 45 anos de docente (25-6-99). Medalla de Servizos Prestados á Universidade (28-1-2000). Académico de Honor da Real de Xurisprudencia e Lexislación de Granada (14-5-2000). Premio Pelayo na súa VIII Edición para Xuristas de recoñecido prestixio (2002). Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort (5-12-2013).

Outras distincións[editar | editar a fonte]

  • Medalla da Orde do Mérito Constitucional.
  • Fillo Predilecto de Andalucía (19/02/2002).
  • Medalla de Ouro ao Mérito pola Cidade de Granada.
  • Premio Pelayo para Xuristas de Recoñecido Prestixio (2002).
  • Gran Cruz da Orde do Dous de Maio.