Manuel Celso Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Garrido Rodríguez»)
Manuel Celso Garrido
Nacemento2 de decembro de 1915
Lugar de nacementoA Merca
Falecemento6 de outubro de 1960
Lugar de falecementoSantiago de Chile
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, escritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Celso Garrido Rodríguez, nado na Merca o 2 de decembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 6 de outubro de 1960, foi un mestre, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José María Garrido Mouriño de Parderrubias e Aurora Rodríguez Rodríguez da Merca, o seu avó materno José María Rodríguez Acedo, foi xuíz municipal do concello da Merca. Orfo de pai aos 11 anos, trasladouse a Ourense para estudar o bacharelato e en 1930 iniciou os estudos de Maxisterio na Escola Normal, que rematou en 1933. Exerceu como mestre en Sanguñedo (Verea), militou na Xuventude Izquierda Republicana e vinculouse ás Mocedades Galeguistas de Ourense, actuando con elas na campaña electoral de febreiro de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como mestre e permaneceu agochado. En marzo de 1937 foi detido. Condenado a traballar no campo de concentración do Cumial, pasou dous anos na cadea, e cando foi posto en liberdade enrolárono pola forza e foi enviado a Oviedo. Ao rematar a súa situación militar como mobilizado, decidiu exiliarse. Cunha identidade falsa trasladouse a Lisboa e desde alí a Buenos Aires. Na Arxentina estivo un tempo breve, colaborando coa Federación de Sociedades Galegas e co seu periódico Galicia. Instalouse en Chile, traballou en La Opinión e foi delegado do Consello de Galicia, colaborando con Germán Vidal Barreiro e Ramón Suárez Picallo. Foi amigo do presidente de Chile Gabriel González Videla e ingresou a traballar no xornal La Hora órgano oficial do Partido Radical.

Puxo fin á súa vida en outubro de 1960. Aos poucos días da súa morte o Presidente da República Española no exilio concedeulle o título póstumo de Caballero de la Orden de la Liberación de España.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Saudade. Un limiar e catorce poemas galegos, 1953 (asinado como Manoel-Celso Garrido).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Olga Elena Bouzo Vidal en 1951.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]