Manuel García Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel García Gil
Cardeal da Igrexa católica
Biografía
Nacemento4 de maio de 1802 en San Salvador de Camba, Rodeiro
Pasamento28 de abril de 1881 en Zaragoza
Ordes
Ordenación sacerdotal10 de marzo de 1827
Consagración episcopal23 de abril de 1854, por Miguel García Cuesta
Creado cardeal12 de marzo de 1877, por Pío IX
Orde relixiosaOrde de Predicadores (dende o 1826)
Arcebispo de Zaragoza
1858 - 1881
PredecesorManuel María Gómez de las Rivas
SucesorFrancisco de Paula Benavides

Manuel García Gil, nado en San Salvador de Camba (Rodeiro) o 4 de maio de 1802 e finado en Zaragoza o 28 de abril de 1881, foi un monxe e prelado galego do século XIX, que actuou activamente no Concilio Vaticano I en 1869 - 1870.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo estudos eclesiásticos no Seminario Conciliar de Lugo, ordenouse como diácono e rexentou algunha parroquias entre elas Montecubeiro. Pero en 1826 ingresou na Orde de San Domingos. En 1853 foi electo bispo de Badaxoz, pasando desde o 23 de decembro de 1858 a presidir o arcebispado de Zaragoza, ministerio que exerceu até a súa morte en 1881.

Entre 1869 e 1870, García Gil estivo presente nas sesións do Concilio Vaticano Primeiro, en Roma, convocado polo papa Pío IX. Alí foi encargado de redactar a bula que decretaba o dogma da infalibilidade papal.

No consistorio do 12 de marzo de 1877, García Gil foi creado cardeal polo papa Pío IX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]