Manuel Gómez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Gómez González
Biografía
Nacemento29 de maio de 1877 Editar o valor em Wikidata
As Neves, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de maio de 1924 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa21 de maio Editar o valor em Wikidata

Manuel Gómez González, nado en San Xosé de Ribarteme (As Neves) o 29 de maio de 1877 e finado en Feijão Miúdo (Três Passos, Río Grande do Sur, Brasil) o 21 de maio de 1924, foi un sacerdote católico galego, beatificado pola Igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manuel Gómez foi ordenado sacerdote en Tui o 24 de maio de 1902, con 34 anos. Primeiro exerceu nas Neves, ata que en 1905 marcha a exercer o sacerdocio ao norte de Portugal, na arquidiocese de Braga, nos concellos de Vila Pouca de Aguiar e despois no de Monção (1911-13), pero diversas circunstancias políticas empurrárono a emigrar ao Brasil. No estado de Río Grande do Sur serviu en Soledade (23 de xaneiro de 1914) e logo en Nonoai (29 de decembro de 1915).[1] [2]

O seu labor social na zona incluíu a construción dun obradoiro de olería, un hotel e casas para os sen teito de Nonoai. Tamén introduciu novos cultivos na agricultura da zona.

A revolución brasileira de 1923 converte a rexión fronteiriza entre o Uruguai e o Brasil en moi perigosa, con diversas bandas e comandos actuando violentamente pola propiedade das terras. O 21 de maio de 1924 préndeno a el e mais o seu acólito Adílio Daronch (un neno de 15 anos), que foron torturados e asasinados a tiros, polo que a Igrexa católica os considera mártires.[1] [2]

Culto[editar | editar a fonte]

O 14 de xuño de 1996 comezou o proceso de beatificación de Daronch e Manuel Gómez e, en decembro de 2006, o papa Bieito XVI recoñecía a existencia do martirio, co que se lles abría o camiño da beatificación. Conforme este proceso, se un crente sofre martirio pola fe, non é necesario que teña milagres demostrados para poder ser beatificado.

A súa beatificación definitiva foi efectuada o 21 de outubro de 2007 polo papa Bieito XVI, no Parque municipal de exposicións de Frederico Westphalen (Río Grande do Sur, Brasil).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]