Manuel Dopazo Gontade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Dopazo Gontade, nado en Manduas, Silleda o 10 de maio de 1882 e falecido en Bos Aires o 28 de abril de 1952, foi un gaiteiro galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo dos labregos Francisco Dopazo e Dolores Gontade, aprendeu a tocar a gaita cando pícaro. En 1892 presentouse por vez primeira a un concurso de gaitas en Santiago de Compostela e de novo en 1894, acadando o primeiro premio.

En 1902 foxe do país cara a Arxentina. Vai acompañado da moza Margarita Perfecta Collado, coa que casa en 1906, tendo 11 fillos. Na Arxentina consagrou a súa vida á tocar a gaita e mesmo aprendeu a fabricar esta. Soamente regresou a Galiza en 1923 co gallo dunha visita á nai.

Manuel Dopazo gravou discos e chegou a cantar e tocar ao mesmo tempo, arte que poucos gaiteiros souberon desenvolver. Así mesmo, actuou en dous filmes co seu grupo en escenas festivas:

  • Cándida (Luis Bayón Herrera, 1939, EFA), con Niní Marshall e Juan Carlos Thorry
  • La calle junto a la luna (Román Viñoly Barreto, 1951, Emelco), con Narciso Ibáñez Menta e Enrique Serrano.

Ademais, compuxo numerosas pezas para gaita e destacou na fabricación de gaitas, oficio que aprendeu na Arxentina. Manuel faleceu aos 70 anos o 28 de abril de 1952, feito que produciu un fondo pesar na colectividade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]