Manuel Corzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Corzo
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Chandoiro, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo O Bolo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , médico , adegueiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Manuel Corzo Macías, nado en Chandoiro[1] (O Bolo) en 1941, é un médico, adegueiro e político galego do PPdeG, que foi alcalde do Bolo durante tres décadas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De profesión médico, traballou de doutor no Bolo moitos anos[2]. Elixido concelleiro por AP a primeiros dos 80, e despois baixo a candidatura do PP, foi designado tenente de alcalde do Bolo polo PPdeG. Renovou a concellería nas municipais de 1991 integrado no PPdeG, pero só uns meses máis tarde encabezou a moción de censura de Centristas de Galicia contra o alcalde tamén popular Silverio Fernández: o propio Corzo foi elixido alcalde en 1993.[3]

Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Bolo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta (incluso nas municipais de 1999 como único candidato), ata que en 2023 anunciou a súa retirada[2].

Dono da adega de viño Viña Corzo, que herdou do pai en 2004, compaxinou este labor coa súa militancia política. A adega está adscrita á Denominación de Orixe Valdeorras, e ten unha produción de mencía e godello en cinco hectáreas de aba.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Silverio Fernández Fernández
 
Alcalde do Bolo
 
1993 - 2023
Sucesor:
Alberto Vázquez Rodríguez