Manuel Charlín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Charlín Gama»)
Infotaula de personaManuel Charlín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Vilanova de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Vilanova de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCaída Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , contrabandista , narcotraficante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Manuel Charlín Gama, nado en Vilanova de Arousa o 17 de novembro de 1932 e finado na mesma vila o 31 de decembro de 2021, foi un empresario e contrabandista galego. Foi o patriarca da saga familiar chamada clan dos Charlíns.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En xullo de 1989 foi detido pola Garda Civil. Trala operación Nécora foi de novo detido, saíndo finalmente absolto. En 1999 foi condenado a 20 anos de prisión por transportar 600 quilos de cocaína desde Colombia en 1989. En 2003 foi condenado pola Audiencia Nacional Española por branqueo de capital e delitos contra a facenda pública.

Estivo en prisión entre 1990 e o 17 de xullo de 2010, cando foi posto en liberdade. Cumpriu as súas penas no centro penitenciario da Lama e no cárcere de Córdoba.

Estivo casado e foi pai de seis fillos. Faleceu o 31 de decembro de 2021, con 89 anos, por mor dunha caída no seu domicilio de Vilanova de Arousa.[1]

Clan[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Os Charlíns.

En 1996 foron detidos todos os membros do clan e embargados os seus bens por un valor de 30 millóns de euros. A conserveira Charpo (de Vilanova) e a cocedeira Sochar (na Illa de Arousa).

En xullo de 2010, pouco antes da posta en liberdade de Manuel Charlín, varios membros do clan foron detidos na operación policial Repesca.

Manuel Baúlo Trigo, patriarca do clan dos Caneos, foi asasinado a tiros en 1994 por uns sicarios colombianos por delatar ao clan dos Charlíns. O seu fillo, Daniel Baúlo Carballo, foi detido en maio de 2005 na operación Tul.

Manuel Charlín[editar | editar a fonte]

Manuel Charlín Gama casou con Josefa Pomares Martínez (†2012) e tiveron seis fillos:

  • Adelaida Charlín Pomares.
  • Josefa Charlín Pomares. Que tivo por filla a Noemí Outón Charlín.
  • Teresa Charlín Pomares. Que tivo por filla a Natalia Somoza Charlín.
  • Manuel Charlín Pomares.
  • Melchor Charlín Pomares.
  • Óscar Charlín Pomares.

José Luís Charlín Gama[editar | editar a fonte]

  • Rosa Charlín

José Benito Charlín Gama[editar | editar a fonte]

Finado en maio de 2005 por unha trombose con 61 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]