Manuel Cerezales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Cerezales
Nacemento18 de maio de 1909
Lugar de nacementoVilar de Cervos
Falecemento28 de xaneiro de 2005
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e requeté soldier
CónxuxeCarmen Laforet
FillosAgustín Cerezales Laforet
editar datos en Wikidata ]

Manuel Cerezales González, nado como Manuel González Cerezales en Vilar de Cervos (Vilardevós) en 1909 e finado en Madrid o 28 de xaneiro de 2005,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos seis anos ingresou como interno nos Escolapios de Madrid. Aos quince marchou a Valladolid, onde estudou Dereito. Foi discípulo e secretario de Ramón Otero Pedrayo, quen o preparou para os exames finais de dereito. Carlista, fundou en Ourense o periódico España en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na Guerra como requeté. Dirixiu as revistas Guión, Vida Mundial e Momento, foi subdirector de El Pensamiento Navarro de Pamplona e Informaciones de Madrid. Pasou a dirixir España de Tánxer, onde permaneceu tres anos, volvendo despois a Informaciones como crítico literario. Logo foi director de Faro de Vigo (1961-1964). Pasou despois a subdirector de El Alcázar. Tamén dirixiu en Madrid Misión, fundada en Ourense. Ao final da súa carreira traballou en RTVE.[2]

Foi crítico literario e nos anos corenta gañou un accésit do premio literario Calderón de la Barca pola obra Magín, siervo de Dios.

Finou en Madrid o 28 de xaneiro de 2005.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Laforet en 1946, de quen se separou en 1970. Foron pais de Agustín Cerezales Laforet.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eduardo Haro Tecglen (30 de xaneiro de 2005). "Manuel Cerezales González, periodista, crítico y editor". El País (en castelán). 
  2. Agustín Cerezales (1 de febreiro de 2005). "Un periodista". ABC (en castelán). 
  3. Necrolóxica en ABC, 30 de xaneiro de 2005 (en castelán).