Manuel Blanco Tobío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Blanco Tobío
Nacemento29 de outubro de 1919
Lugar de nacementoLérez
Falecemento3 de xuño de 1995
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
PaiSegismundo Blanco Cuesta
Premiospremio Mariano de Cavia e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
Na rede
Dialnet: 1811713
editar datos en Wikidata ]

Manuel Blanco Tobío, nado en Lérez (Pontevedra) o 29 de outubro de 1919 e finado en Madrid o 3 de xuño de 1995,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Segismundo Blanco Cuesta. Iniciouse como xornalista no semanario El Español e nas publicacións Fantasía e La Estafeta Literaria. Colaborou en Radio Nacional de España e na cadea da Prensa do Movemento. En 1946 incorporouse a Pueblo como comentarista de política internacional, do que foi enviado especial por Europa, América e Oriente Medio (1953-1956). En 1953 recibiu o Premio Nacional de Periodismo. De 1957 a 1966 foi correspondente de Pueblo en Nova York e na ONU. En 1966 foi nomeado director do periódico Arriba, até abril de 1970. Ao ano seguinte asumiu a dirección da Escola Oficial de Periodismo. Despois foi profesor da Facultade de Ciencias da Información. Foi Director de Cultura Popular, e en 1973 foi designado director Xeral de Prensa, cesando en 1974. Foi comentarista de Política Internacional do xornal ABC.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El Kominform, quinta columna del comunismo (con el texto íntegro de la declaración de Varsovia) (1948)
  • USA, patalogía de la prosperidad (1963)
  • Los americanos (1964)
  • El guapo americano y el feo ruso (1964)
  • La América invisible (1966)
  • Vísperas del juicio final (1966)
  • Cinco zorros plateados (1979)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Nacional de Periodismo José Antonio (1952)
  • Mariano de Cavia
  • Aznar de Periodismo (1979)
  • González Ruano de Periodismo
  • Premio Javier Bueno (1988)

Condecoracións[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz do Mérito Civil
  • Cruz de Isabel a Católica
  • Cruz ao Mérito Militar
  • Cruz ao Mérito Naval
  • Cruz ao Mérito Aeronáutico

Notas[editar | editar a fonte]