Manuel Banet Fontenla
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria [editar]
Foi notario en Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e A Coruña. Foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Participou na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo en 1918 e integrouse nas Irmandades da Fala. Colaborou en diversas publicacións rexionalistas como Revista Gallega e Eco de Galicia. Entre os seus traballos destacan A prol do estatuto (1933) e o ensaio O bilingüismo.