Manuel Altolaguirre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Altolaguirre
Nome completoManuel Altolaguirre y Bolín
Nacemento29 de xuño de 1905
Lugar de nacementoMálaga
Falecemento26 de xullo de 1959
Lugar de falecementoBurgos
Causaaccidente de tráfico
Soterradocemiterio de San Justo de Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterInstitución Libre de Enseñanza, Universidade de Granada e St. Stanislaus Kostka College, Málaga
Ocupaciónpoeta, escritor, guionista, tradutor, impresor e dramaturgo
CónxuxeConcha Méndez
FillosPaloma Altolaguirre Méndez
Na rede
IMDB: nm0022981 Dialnet: 326019 Find a Grave: 13064240 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Manuel Altolaguirre, nado en Málaga o 29 de xuño de 1905 e finado en Burgos o 26 de xullo de 1959, foi un poeta español da xeración do 27.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o poeta máis espiritual e intimista da xeración do 27, cunha forte pegada de autores como San Juan de la Cruz, Garcilaso de la Vega, Juan Ramón Jiménez e Pedro Salinas.
Fundou en 1926 en Málaga con Emilio Prados, a revista Litoral, na que publicará boa parte da xeración do 27.

Entre as súas obras destacan Las islas invitadas (1926), Poemas del agua (1927), Soledades juntas (1931), La lenta libertad (1936), Nube temporal (1939), Fin de un amor (1949) e Poemas en América (1955). Ademais escribiu un libro de memorias, El caballo griego, numerosos artigos de crítica literaria, algunhas traducións e obras de teatro.

Exiliado trala guerra civil española en Cuba e México, dedicouse á edición de textos literarios e a dirección de filmes. En 1959 regresou a España para presentar un dos seus filmes ao Festival Internacional de Cine de San Sebastián e faleceu a consecuencia dun accidente de circulación.