Manuel Alberto Freire de Andrade y Armijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Alberto Freire de Andrade y Armijo, nado en Carmona, Sevilla, o 4 de novembro de 1767 e falecido en Madrid o 7 de marzo de 1835, foi un militar e xeneral español da arma de cabalería, que se distinguiu durante a Guerra de Independencia española.

Índice

[editar] Traxectoria

Logo de combater contra os franceses en Murcia, Granada e Valencia (1810-1812), sucedeu ao xeneral Giron no mando do IV Exército español ou Exército de Galiza[1]. Comandando ese corpo, Freire triunfou sobre Soult en San Marcial no ano 1813, o que lle valeu ser condecorado con a Cruz de San Fernando). Posteriormente participou na batalla de Toulouse en 1814, onde a súa división se bateu contra os baluartes franceses da cidade[2].

Partidario do Absolutismo monárquico, Freire foi encargado de coutar o levantamento de Riego en 1820, facéndose tristemente famoso pola represión que ordenou na cidade de Cádiz.

[editar] Notas

  1. Gates, p. 474
  2. Longford, p. 420

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Gates, David. The Spanish Ulcer: A History of the Peninsular War. Da Capo Press 2001. ISBN 0-306-81083-2
  • Longford, Elizabeth. Wellington: The Years of The Sword. New York: Harper and Row Publishers, 1969.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas