Manuel San Román Ceballos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel San Román Ceballos
Biografía
NacementoGalicia, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel San Román Ceballos,[1] finado en Madrid o 14 de agosto de 1936,[2] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De ideoloxía maurista, nas eleccións de 1914 foi candidato a deputado a Cortes no distrito de Padrón polo Partido Conservador, sendo derrotado por Eduardo Gasset Chinchilla. Membro distinguido da Unión Patriótica, foi concelleiro da última corporación da ditadura de Primo de Rivera. Foi nomeado alcalde de Vigo en abril de 1930,[3] trala caída da ditadura, cargo do que sería destituído no mes de marzo do ano seguinte.

Casou con Antonia Malagarriga Fabra.[2]

Predecesor:
Alfredo Pérez Viondi
 
Alcalde de Vigo
 
1930 - 1931
Sucesor:
Enrique Blein Budiño

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aparece tamén como Manuel San Román Cevallos.
  2. 2,0 2,1 Necrolóxica de Antonia Malagarriga Fabra, ABC, 5/12/1978 (en castelán).
  3. "De la constitución de Ayuntamientos y Diputaciones" ABC, 9/4/1930 (en castelán).