Manuel Rodríguez Pazó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Rodríguez Pazó
Información persoal
Nacemento valor descoñecido
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 2 de setembro de 1972
Posición gardameta
editar datos en Wikidata ]

Manuel Rodriguez Pazó, nado en Vigo e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1972, foi un futbolista galego máis coñecido como Lilo, que xogaba na demarcación de gardameta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Germania, un equipo do barrio vigués do Couto, pero xogaba como defensa. No transcurso dun encontro lesionouse o gardameta polo que Lilo ocupou o seu posto con moi bo resultado.

A raíz desta experiencia Lilo ficha polo Club Ciosvín xa como porteiro, club que máis tarde se proclamaría campión do Campionato de España de fútbol afeccionado.

Despois xogou no Fortuna ata o momento da fusión deste co Real Vigo Sporting Club para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo. Converténdose nun dos primeiros porteiros do club, xunto a Isidro, Ruíz e Rubido

Ruíz xogou moi pouco tempo no Celta e aínda que Isidro foi nun primeiro momento o porteiro titular, pronto protagonizou un polémico caso de suborno por parte do Deportivo da Coruña a varios xogadores do Celta para facerse cos seus servizos, polo cal foi Lilo quen defendeu a portería do Celta nos primeiros anos da súa historia.

Na tempada 1935-36 o Celta acadou con Lilo no seu equipo o primeiro ascenso do club á Primeira División, pero non puido desfrutar dela xa que chegou a Guerra Civil Española e deixou o fútbol.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Título Club País
Campionato de Galicia Real Club Fortuna de Vigo 1921-22
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1923-24
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1924-25
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1925-26
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1929-30
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1931-32
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1933-34
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1934-35

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Marcos L. Bacariza (7 de abril de 2008). "Lilo". Yo jugué en el Celta (en castelán).