Manuel Barreiro Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Barreiro Núñez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1920 Editar o valor em Wikidata
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1979 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Manolo Barreiro Núñez "Budiño" á gaita.

Manuel Barreiro Núñez, nado en 1920 e finado en 1979, e máis coñecido como Budiño, foi un gaiteiro galego nado no lugar do Casal en Moaña.

Foi membro fundador do grupo de gaitas Brisas do Mar de Moaña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde novo iníciase no mundo da gaita. Construía as súas propias gaitas de cana e de sabugueiro. Foi mariñeiro. Xa con 14 anos se embarca e sofre un naufraxio en 1955 nas Illas Cíes, no que sobreviven todos gabeando polas rochas dos cantís e sendo socorridos polo fareiro da illa. Tamén traballou de caseiro no pazo dos Montenegro, no Rosal (Moaña).

Organizaba roldas ou coros de Nadal e reis, e colabora xa desde os anos 50 na Sección Feminina de Coros e Danzas Rexionais de Moaña, grupo de oito parellas e catro pandeiretas dirixido por Lola "a do Quisque".

Brisas do mar estaba composto por Manuel Barreiro "Budiño", sr. Lucha, Celso de López, Jaime de Soledá, Lolo o "Grolo" e Suso de Soledá. Tamén teñen tocado coa formación os seus fillos, Manuel Barreiro e Pepe Barreiro. O grupo actuou por numerosos lugares de Galicia e o resto da península. De entre todas estas actuacións hai que destacar a actuación que fixeron xunto co grupo de baile diante de Eva Perón cando visitou Vigo (xuño de 1947), no hotel Universal.

A mediados dos anos 50 fanse cuns cabezudos en Vigo para desfilar nos pasarrúas das festas do carme de Moaña. Costume que mantiveron ata 1977. Tamén foron asiduos das festas de A Guarda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Moaña, historia fotográfica ,Vol. II; VV.AA.; Agrupación Cultural Nós(Editora), 2011.
  • A freguesía de Moaña. Apuntamentos históricos e etnográficos, García, Manuel Uxío; Chapela, Luís; Villaverde, Xosé C (Editores), 2013, pp.517-521.