Manualidades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nenos facendo manualidades.

As manualidades[1], en termos xerais, son traballos efectuados coas mans, con ou sen axuda de ferramentas. Tamén se denomina así ós traballos manuais realizados como actividades escolares polos propios alumnos.

Xeralmente denomínase así a aqueles labores nas que se busca unha realización persoal, unha creatividade caseira, ou na maioría dos casos unha forma de desconectar do traballo ou ben como entretemento para combater o tedio ou o aburrimento.

Tipos de manualidades[editar | editar a fonte]

Manualidades na escola[editar | editar a fonte]

As manualidades ou traballos manuais son traballos que realizan os nenos na escola encamiñados a mellorar a súa educación, desenvolver a súa motricidade, a súa coordinación etc.

Os traballos manuais son actividades estéticas e físicas que realizan os nenos axudados de determinadas ferramentas e utensilios. Consisten estes traballos en encartar, trenzar, tecer, recortar, pegar, iluminar, picar e bordar tiras e cadrados de papel ou doutros materiais (cartón, cintas, teas, badana, palla etc.) co que realizan os nenos caprichosas e variadas combinacións de formas e cores. Confeccionan sobres, fan varias figuras comúns e de adorno, constrúen e adornan caixas para diversos usos así como cestas, corpos sólidos e outros obxectos, arman edificios e confeccionan flores e aínda mobles en miniatura.

A isto hai que engadir o debuxo e o modelaxe mediante o que os escolares fan corpos xeométricos, pequenos monumentos arquitectónicos, figuras, froitas etc. Require este método exercicios prácticos que consisten en gran parte en facer coas mans os traballos manuais. En todos os ensinos que o consintan debe facerse traballar aos alumnos manualmente. Por exemplo, construíndo aparellos, corpos sólidos, deseñando mapas, manipulando herbas etc.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Termo manualidade no Gran Dicionario Xerais da lingua, 2009, Edicións Xerais de Galicia
  2. Tratado de pedagoxía, Pedro de Alcántara.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]