Mantua - Mantova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mantua.
Mantova - Profilo di Mantova.jpg

Mantua (Mantova en italiano, Mäntua no dialecto mantuano e Māntva no dialecto emiliano) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima en Lombardía. Ten unha poboación 48.455 habitantes (2009), que se dobra contando os arredores, pasando dos cen mil habitantes.

Ten lindes cos concellos de Bagnolo San Vito, Curtatone, Porto Mantovano, Roncoferraro, San Giorgio di Mantova e Virgilio.

Foi incluída na lista do patrimonio mundial da Unesco no 2008, canda Sabbioneta, por representaren ambas aspectos do trazado urbanístico renacentista, cada unha ao seu xeito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mantua - Mantova