Mansón I de Amalfi
Mansón II ( ? - 1004) foi duque longobardo de Amalfi (966 – 1004) e Salerno do 981 ao 983
Fillo do duque Serxio, foio máis grande soberano independente do ducado de Amalfi, que rexeu durante case medio século. As crónicas chámano tamén Mansón III.
No 981, aproveitando a xove idade de Pandulfo II de Salerno, invadiu o principado e derrocou o soberano do trono. O emperador Odón II, que xa se atopaba en Italia empeñado na loita contra bizantinos e sarracenos e estaba á procura de aliados, concedeulle a Mansón o recoñecemento imperial como novo príncipe de Salerno. Mansón asociou ao trono ao seu fillo Xoán, pero o goberno dos amalfitanos sobre o principado salernitano foi tiránico e impopular. No 983 pai e fillo foron botados polo pobo, que elixiu príncipe a Xoán Lamberto, conde de palacio relegado ao exilio. Mansón conservou a posesión de Amalfi, onde reinou ata a súa morte. A el se debe a edificación da catedral de Sant'Andrea Apostolo e a institución da sede episcopal de Amalfi (987) por parte do papa Xoán XV.