Manolo Cardona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manolo Cardona
Nome completoManuel Julián Cardona Molano
Nacemento25 de abril de 1977
LugarPopayán
NacionalidadeColombia e Estados Unidos de América
Profesiónactor, actor de televisión e realizador
Na rede
IMDB: nm0136572 Allocine: 146426 Allmovie: p453579 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Manuel Julián Cardona Molano, nado en Popayán o 25 de abril de 1977, é un actor colombiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse na cidade de Cali, aos 14 anos comezou a gravar anuncios para a televisión e traballou como modelo. En Bogotá principiou a estudar relacións internacionais e finanzas. Empezou a actuar en 1995 na serie Padres e hijos e en 1998 tivo o seu primeiro papel protagonista na telenovela Carolina Barrantes pero foi ao ano seguinte con ¿Por qué diablos? cando comezou a adquirir sona como actor. En 2003 protagonizou a primeira telenovela fóra do seu país Ladrón de Corazones de Telemundo. No ano 2005 realizou dous filmes Rosario Tijeras e La mujer de mi hermano. No ano 2009 realizou a versión española de Sin tetas no hay paraíso.