Maniwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maniwa-shi - 真庭市
Mapa
Maniwa in Okayama Prefecture Ja.svg
Localización de Maniwa na prefectura de Okayama
Map of Japan with highlight on 33 Okayama prefecture.svg
Localización da prefectura de Okayama no Xapón
Información
País Flag of Japan.svg Xapón
Illa Honshū
Rexión Rexión de Chuugoku, Rexión de San'yō
Prefectura Prefectura de Okayama
Superficie 828,43 km2
Poboación 49.549 (2009)
Densidade 59,8 h/km²
Alcalde

Maniwa (真庭市, まにわし, Maniwa-shi) é un concello da prefectura de Okayama no Xapón. Está situado ó norte da prefectura, e na parte San'yō da rexión de Chūgoku, na illa de Honshū. A súa superficie é de 828,43 km² e a poboación de 49.549 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 59,8 h/km². A súa superficie é a máis grande na prefectura de Okayama.

O concello de Maniwa limita cos concellos de Shinjō, de Niimi, de Takahashi, de Kibichūō, de Misaki, de Tsuyama, de Kagamino (son de prefectura de Okayama); de Kōfu, de Kurayoshi e de Misasa (son de prefectura de Tottori).

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade de Maniwa foi fundada pola fusión dun concello de vila do distrito de Jōbō (Hokubō) e de catro concellos de vila (Katsuyama, Ochiai, Yubara e Kuse) e de catro concellos de aldea (Mikamo, Kwakami, Yatsuka e Chūka) do distrito de Maniwa no ano 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]