Manitol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mannitol structure.png

O manitol (E 421) é un azucre-alcohol, polialcohol, ou poliol de tipo monosacárido hidroxenado. É un edulcorante obtido da hidroxenación do azucre manosa.

O manitol pode ter varias utilizacións:

  • En alimentos dietéticos.
  • Simplemente, como adozante (edulcorante) común.
  • En chicles (goma de mascar).
  • Para fabricar resinas.
  • Para substituír a glicosa en especialidades farmacéuticas para que estas poidan ser receitadas para os diabéticos.
  • Como substituto do plasma sanguíneo en casos de hemorraxia. Nestes casos úsase como solución ó 20%, a súa duración no torrente sanguíneo é maior que as solucións cristaloides a base de electrólitos (soros).

Máis de 20 gramos de manitol ó día poden ocasionar diarrea.

O manitol ó 20% tamén se usa como diurético osmótico en situacións agudas, como o síndrome nefrótico, ou para aliviar a hipertensión intracraneal. Facilita tamén a manipulación cirúrxica craneal. Está contraindicado na insuficiencia cardíaca polo posible edema agudo de pulmón que pode producirse polo exceso de volume. Dependendo da dose pode producir hiponatremia, ou deshidratación e hipernatremia e acidose. O seu emprego máis de 2 ou 3 días é de dubidosa utilidade e de alto risco. Pode producir efecto rebote e producir edema cerebral [1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J.M. Mosquera e P. Glados, Farmacoloxía clínica para enfermería, 4ª edición, páx 332.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]