Manipulación fotográfica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A manipulación fotográfica é a aplicación de técnicas de edición de imaxes a fotografías co obxectivo de crear unha ilusión ou truco (en contraste coa mellora ou sinxela corrección), a través de medios analóxicos ou dixitais. Os seus usos, o impacto cultural e os aspectos éticos fixérono un tema de interese máis alá de ser só un proceso técnico.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Nikola Tesla[editar | editar a fonte]

Alegouse que a fotografía de Nikola Tesla que se mostra se obtivo cunha dobre exposición, non estando Tesla realmente presente no momento no que saltaron os arcos eléctricos.

The Kallikak Family[editar | editar a fonte]

The Kallikak Family: A Study in the Heredity of Feeble-Mindedness é un libro de 1912 escrito polo psicólogo e euxenista Henry H. Goddard.

O libro é un extenso estudo da herdanza da "debilidade mental". Goddard concluíu que unha gran variedade de trazos mentais eran hereditarios, e que a sociedade debía controlar a reprodución dos "débiles mentais". O paleontólogo Stephen Jay Gould denunciou que as fotografías do libro foran retocadas para facer que os "débiles mentais" parecesen máis sinistros.

Foto de Lee Harvey Oswald[editar | editar a fonte]

Lee Oswald en marzo de 1963.

Lee Harvey Oswald foi acusado do asasinato do presidente John F. Kennedy. Esta foto, para algúns investigadores, está trucada, engadíndolle a cabeza de Oswald ao resto da fotografía para involucralo neste asasinato.

Na fotografía, na que parece que Oswald suxeita nunha man o rifle Mannlicher-Carcano co que se afirma que se asasinou a Kennedy e na outra man xornais. A fotografía está tomada no xardín traseiro da casa de Oswald, polo que a serie fotográfica á que pertence a fotografía chámase tamén Oswald backyard pictures.

Na película de Oliver Stone, JFK, dramatízase o (hipotético) proceso de falsificación desta fotografía, con primeiros planos do suposto trucaxe e con Oswald exclamando que a foto está trucada ao ser interrogado tralo magnicidio.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Asasinato de John F. Kennedy
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: A familia Kallikak