Manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa"

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A manifestación no Paseo de Gràcia de Barcelona.

A manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa" (en galego: Cataluña, novo estado de Europa) tivo lugar no centro da cidade de Barcelona durante a Diada de Cataluña de 2012. Foi organizada pola Asemblea Nacional Catalá; e a súa presidenta, Carme Forcadell, dixo que «o 12 de setembro, o Goberno deberá empezar a traballar pola Independencia de Cataluña».[1]

O número de participantes foi estimado en 1,5 millóns de persoas segundo a Garda Urbana e o Departamento de Interior, e 2 millóns segundo os organizadores, malia que a delegación do Goberno estimou a cifra en 600.000.[2] O centro da cidade estivo ateigado durante horas, e temeuse que a grande afluencia de persoas puidese colapsar a rede de telefonía móbil.[3][4] Moitos xornais e outras axencias de noticias describírona como unha "histórica" demostración, e considerárona como a meirande manifestación que se celebrou en Cataluña dende a restauración da democracia en España,[5][6][7][8] superando outras grandes manifestacións como a do 10 de xullo de 2010, na que participaron un millón de persoas.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ARA Barcelona (28 de agosto de 2012). "Carme Forcadell, presidenta da ANC: "El 12 de setembre, el Govern haurà de començar a treballar per la independència de Catalunya"" (en catalán). http://www.ara.cat/especials/onzesetembre2012/Carme_Forcadell-ANC_0_763723714.html.
  2. "O independentismo catalán logra unha histórica exhibición de forza". El País. 11 de setembro de 2012. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/09/11/catalunya/1347375808_419590.html.
  3. "A marcha independentista colapsa o centro de Barcelona na celebración da Diada". RTVE.es. 11 de setembro de 2012. http://www.rtve.es/noticias/20120911/miles-personas-colapsan-centro-barcelona-marcha-independentista/562679.shtml.
  4. "A Generalitat pide un uso racional dos dispositivos móbiles na manifestación da Diada". El Periódico de Catalunya. 7 de setembro de 2012. http://www.elperiodico.cat/ca/noticias/diada-2012/gencat-demana-racional-dispositius-mobils-2199967.
  5. "Os cataláns realizan unha manifestación histórica para reclamar a súa independencia". Semana.com. 11 de setembro de 2012. http://www.semana.com/mundo/catalanes-realizan-manifestacion-historica-para-reclamar-su-independencia/184480-3.aspx.
  6. "A prensa internacional recoñece a histórica manifestación da Diada". La Vanguardia.com. 12 de setembro de 2012. http://www.lavanguardia.com/politica/20120912/54350056232/diada-de-catalunya-prensa-internacional-reconoce-historica-manifestacion.html.
  7. "Unha manifestación histórica esixe a independencia de Cataluña". HOY.es. 12 de setembro de 2012. http://www.hoy.es/v/20120912/nacional/manifestacion-historica-exige-independencia-20120912.html.
  8. "Cataluña acolle hoxe unha manifestación independentista histórica". Ine.es. 12 de setembro de 2012. http://www.lne.es/espana/2012/09/11/cataluna-acoge-hoy-manifestacion-independentista-historica/1296344.html.
  9. "Goleada independentista, a maior manifestación en Barcelona". elPeriódico.com. 12 de setembro de 2012. http://www.elperiodico.com/es/noticias/diada-2012/goleada-independentista-mayor-manifestacion-bcn-2202842.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa"