Manfred Gnädinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
'Man' en xullo de 1998.
Man camelle 1.jpg

Manfred Gnädinger, coñecido como Man ou O alemán de Camelle, nado en Dresde en 1940 e falecido en Camelle o 28 de decembro de 2002, foi un pintor e escultor ermitán de nacionalidade alemá que viviu durante corenta anos na praia de Camelle, pertencente ó término municipal de Camariñas, na costa da Morte en Galicia. Tratou de levar unha vida do máis sinxela e natural, creando unha peculiar paisaxe de pedra perto da praia onde vivía e coidando o seu pequeno xardín.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nace e pasa a súa infancia en Alemaña, procedente dunha familia de sete irmáns, estudou Artes en Italia. Impartiu clases de arte en Suíza a persoas con problemas de integración social. O seu interese pola preservación do medio ambiente e a curiosidade por coñecer a costa galega levárono á Costa da Morte. En maio de 1961 chegou a Camelle, inmerso nas festas patronais do Espírito Santo. Dende ese día ese alemán solitario, educado e de bó aspecto, con certo aire de turista acomodado, instalouse para sempre no pobo.

Durante o accidente do Prestige en novembro de 2002, a mancha de petróleo danou as súas esculturas. Dise que o Alemán deixouse morrer de melancolía e tristeza.

O 9 de novembro de 2010, un temporal levouse o que quedaba da súa obra.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O escultor[editar | editar a fonte]

En tanto como escultor pódese clasificar nas artes contemporáneas do Land art, e a arte marxinal.

A posteridade[editar | editar a fonte]

Man chegou á costa galega en 1961. Viviu até á súa morte da axuda dos veciños e do que lle aportaba mostrar a súa arte nas rochas nas que habitaba (un euro por persoa no último ano máis a obriga de deseñar nun caderno o que máis chamase a atención). A súa morte, natural, vinculouse no imaxinario popular coa indignación provocada pola catástrofe do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou.

Na súa memoria foi creado en Camariñas o Museo do Alemán, actualmente atópase en estado de abandono [2].

Obra e entorno[editar | editar a fonte]

O autor e a súa obra fixeron coñecida no mundo enteiro á vila de Camelle (Camariñas), ata tal punto que é prácticamente imposible atopar na rede información deste lugar na que non se faga referencia a Man, e viceversa. A posta en valor e a recuperación do legado de Man, tamén o é, por extensión do porto de Camelle e a súa contorna, nos que Man non só creou, senón que convertíu no seu fogar e no seu propio proxecto museístico espontáneo.

O traballo que Man realizou ao longo dos anos nas inmediacións do espigón de Camelle quedou debastado por mor do vandalismo e das últimas catástrofes climatolóxicas da zona. A obra que persiste actualmente no xardín-museo, único xardín mariño de esculturas no mundo, non representa o seu estado orixinal.

Lamentablemente, unha gran parte da súa obra tense perdido xa, quédando so rexistros gráficos e audiovisuais. 

En 2014 iniciouse un proxecto denominado MAN: mar, arte e natureza, que ten por obxectivo recuperar a obra de Man e expoñela tanto na "Casa do Alemán" coma en Internet, por medio dunha exposición virtual.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manfred Gnädinger Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]