Manau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manau
Manau o 10 de xullo de 2010
OrixeFrancia
Período1998 - ...
Xénero(s)hip hop
Na rede
http://www.manaufolie.com/
Facebook: 560749520653507 Twitter: ManauMartial Instagram: manau_martialtricoche Youtube: UCL3w8xY0XVcdh05Q3Ao48ew Souncloud: manau-official Spotify: 6k68jYvlUy3CXOwhG1NDBL Last fm: Manau Musicbrainz: b4f41f07-4927-4787-b688-4f1b170e09e6 Songkick: 535158 Discogs: 110921 Allmusic: mn0000448026 Deezer: 2221 Genius: Manau Editar o valor em Wikidata

Manau é un grupo de hip hop formado en 1998, coñecido polas súas fusións de melodías celtas co moderno hip hop. Inicialmente estaba composto por Martial Tricoche, Cédric Soubiron e R.V. (Hervé) Lardic, e aínda que a banda é de París, todos os seus membros teñen raíces na Bretaña. O nome do grupo é unha antiga verba gaélica para a Illa de Man.

Historia[editar | editar a fonte]

Os comezos[editar | editar a fonte]

En 1988, Martial e Cédric empezaron facendo un programa de radio nunha estación local, con Martial rapeando e Cédric como DJ. O programa durou dous anos e adquiriron algunha sona. Logo, Cédric iría traballar na radio de Skyrock.

Anos despois, Cédric coñeceu a R.V., que fora a radio para facer unha actuación en directo co seu grupo MeanWhile. R.V. acabara de rematar setes anos de estudos no Conservatorio de Paría, e sabía tocar a guitarra, o baixo, o acordeón e os teclados. Cédric e R.V. entendéronse ben e pronto empezaron a falar de facer un grupo.

Mentres tanto, Martial estaba desenvolvendo unha carreira como compositor musical. Un dos amigos do seu irmán daríalle a coñecer a cultura céltica, que lle interesou moito, descubrindo o folk da Bretaña con Dan Ar Braz, Yann-Fanch Kemener ou o grupo Tri Yann. As primeiras cancións de Martial tamén estaban influenciadas pola novela L'épopée Celte de Jean Markale, unha historia da cultura céltica antiga, con druídas e grandes guerreiros.

Formación[editar | editar a fonte]

Pouco despois de que Cédric e R.V. se coñeceran, trataron con Martial de formar o grupo Manau. Dispuxéronse a facer unha fusión de ritmos celtas con rap. Unha das súa demos chegou a mans dun directivo de Polydor, e impresionados pola súa orixinalidade, logo lle ofreceron un contrato de gravación.

A banda púxose a traballar no seu single, "La Tribu de Dana", que saíu á luz en maio de 1998. O tema petouno nas listas, vendendo unhas 1 700 000 copias ata a data, millón e medio nos primeiro meses. "La tribu de Dana" fai referencia á mitoloxía irlandesa, tamén descrito no L'épopée Celte. Para máis información vexa: Tuatha Dé Danann.

Aínda que a canción foi moi popular, o certo é que a música do retrouso está sacada dun tema de Alan Stivell, "Tri Martolod". Stivell pronto os demandaría, mais Manau sustentou que a melodía era só empregada base, modificada o suficiente como para consideralo plaxio.

Éxito[editar | editar a fonte]

Os directivos de mercadotecnia de Polydor, despois do éxito do single, pedíronlle á banda que fixeran un álbum debut. Aínda que tiñan unha data de entrega moi estrita, Manau fixo o traballo. Para a obra, conseguiron a colaboración de Loïc Taillebrest, un músico folk coñecido por tocar a gaita e a bombarda.

Remataron o seu álbum debut, Panique celtique, logo dunhas poucas semanas de traballo no estudio. O álbum publicouse en xullo de 1998 e, como se esperaba, estivo no alto das listas de vendas de álbums francesas, vendendo medio millón de copias pouco despois da súa saída, e chegando a marca do millón un ano despois.

Neste tempo, a súa popularidade incrementouse moito. Axiña foron invitados para participar en diversos festivais, como o famoso Les Francofolies de La Rochelle, ou o festival de música anual de Marsella. Tamén puideron tocar con Tri Yann no festival de Saint-Renan, na Bretaña.

Cambios[editar | editar a fonte]

O grupo empezou unha xira por Francia en 1999 e, no medio dela, recibiron o galardón ao mellor álbum do ano de música rap/groove de Victoires de la Musique (premios de música franceses anuais) en febreiro. Pouco despois, Hervé decidiu decidiu deixar o grupo e volver coa súa antiga formación MeanWhile.

O trío converteríase nun dúo, pero iso non diminuíu o seu número de seguidores.

Últimos álbums[editar | editar a fonte]

Manau volve a escena musical francesa no outono do 2000, cun segundo álbum titulado Fest Noz de Paname. Manau pasara un ano no estudio perfeccionando o seu son, e despois de oito meses de xira practicamente ininterrompida, pois soaban distinto, índose da fusión rap celta da súa orixe, experimentando con novos xéneros e traballando con diferentes artistas. O seu segundo traballo inclúe colaboracións de Maurane e Dee Dee Bridgewater. A ida de RV notouse no álbum. O estilo era máis blues/jazz e menos celta. No último álbum On peut tous rever, xa fan un estilo máis comercial de rap/hiphop.

Membros[editar | editar a fonte]

Orixinais
  • Martial Tricoche : voz, textos
  • Cédric Soubiron : composición, programación e voz
  • RV Lardic : compositor e voz
Membros regulares
Membros antigos (ou ocasionais)

Discografía[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros grupos similares[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]