Man's Ruin Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Man's Ruin Records

Compañía nai
Fundado en c.1994
Fundador Frank Kozik
Estado defunta
Distribuidoras Mordam Records, RED Distribution, House of Kicks
Xénero(s)
País de orixe Estados Unidos Flag of the United States.svg
Localización San Francisco, California
Web oficial

Man's Ruin Records foi un selo discográfico independente estadounidense fundado e dirixido polo artista Frank Kozik. Despois do lanzamento do primeiro disco de Man's Ruin en 1994, titulado Experimental Audio Research (EAR): Delta 6, Kozik traballou con artistas aos que quería editar; tamén deseñou todas as carátulas dos lanzamentos. O catálogo do selo é moi amplo e inclue dende bandas relativamente famosas, como The Hellacopters, Nebula, Kyuss, High on Fire, Entombed, Turbonegro, Queens of the Stone Age e The Sex Pistols, ata descoñecidas como FuckEmos, Soulpreacher, Angelrot e Los Cowslingers. Oficialmente o selo desapareceu no ano 2002.

Operacións[editar | editar a fonte]

Man's Ruin non tiña contratos asinados cos artistas que editaba. As gravacións licenciábanse por un período de entre 2 e 5 anos e todos os dereitos pertencían ás bandas. Os beneficios dos lanzamentos dividíanse ao 50% entre o grupo e o selo. Os carteis e portadas de Man's Ruin aínda son moi codiciados e os vinilos de edicións limitadas continúan aumentando o seu valor por dous motivos: a meirande parte das portadas foron serigrafiadas e numeradas polo propio Kozik, e todos os discos foron lanzados en edicións de 5.000 copias ou menos. Os máis buscados do catálogo de Man's Ruin sempre foron os discos de The Desert Sessions, que foron publicados en edicións moi limitadas de vinilos transparente e de cor.

Man's Ruin especializouse en producir e editar EPs en 10" con edicións limitadas. Era normal que un mesmo álbum se lanzase en diferentes versións, como o primeiro lanzamento de Queens of the Stone Age en 1998, que foi publicado a través de Man's Ruin en tres edicións: 2.500 discos negros, 300 verdes, 200 laranxa/amarelos (unha posterior tirada de 198 copias en vinilo azul foi realizada independientemente pola banda). A meirande parte dos discos editados pola discográfica eran coloreados.

O selo foi distribuído inicialmente nos Estados Unidos e no Reino Unido por Mordam Records, e posteriormente durante un breve período de tempo, non moi exitoso, por RED Distribution, que resultou na disolución da etiqueta despois dunha serie de problemas. A nivel internacional encargouse da distribución a compañía sueca House of Kicks. A diferenza da maioría das edicións actuais, os lanzamentos internacionais de Man's Ruin non eran distintas ás estadounidenses. Porén, non era estraño que as portadas do vinilo e do CD fosen diferentes.