Maldivas - ދިވެހި
| ދިވެހިރާއްޖޭގެ ޖުމުހޫރިއްޔާ Raajjeyge Jumhooriyyaa República das Maldivas |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Republica das Maldivas (dihevi: ދިވެހި ޖުމްހުރިޔަ Dhivehi Jumhuriya) é un país de Asia constituido por 1 196 illas, das cales 203 habitadas, situadas a aproximadamente 450 km ao sur do Decan. A súa superficie é de 302 km². As illas reagrupanse en 19 atois cada ún co nome dunha ou duas letras do alfabeto maldivo (escritura Taana).
Índice |
Historia [editar]
A historia antiga de Maldivas é escura. Segundo a lenda maldiva, un príncipe cingalés chamado Koimale encalló coa súa esposa, filla do rei de Sri Lanka, nunha lagoa de Maldivas e dominou a rexión como o primeiro sultán.
Pasando os séculos, as illas foron visitadas e influenciadas por mariñeiros dos países do Mar Arábigo e dos litorais do Océano Índico. Os piratas de Mopla provenientes da costa Malabar, actualmente o Estado de Kerala na India, arrasaron as illas. No século XVI, os portugueses subxugaron e dominaron as illas por quince anos (1558 - 1573) antes de ser expulsados polo heroe nacional e despois Sultán, Muhammad Thakurufaanu Al-Azam.
O país foi gobernado como un sultanato islámico independente na maior parte da súa historia entre 1153 e 1968. Foi un protectorado británico desde 1887 ata o 25 de xullo de 1965. En 1953, por un breve tempo, implantouse unha república pero o sultanato se reimpuso. Os maldivanos seguían o budismo antes de que se convertesen ao Islam, esta conversión é explicada nunha controvertida historia mitológica acerca dun demo chamado Rannamaari.
A independencia do Reino Unido obtívose en 1965, seguindo o sultanato por 3 anos máis. O 11 de novembro de 1968 foi abolido e substituído por unha república.
O 26 de decembro de 2004, as illas foron devastadas por un tsunami, que seguiu ao Terremoto do Océano Índico de 2004, produciu ondas de 1.2 a 1.5 metros de alto e alagou o país case por completo. Polo menos 75 persoas morreron, incluíndo seis estranxeiros, e a infraestrutura destruíuse por completo en 13 illas habitadas e 29 das illas turísticas.
Politica [editar]
Maldivas é unha república presidencialista, é dicir, onde o presidente é xefe de estado e goberno. O presidente é elixido por cinco anos, por voto segredo do parlamento e referendado despois por un referendo.
O poder lexislativo osténtao un parlamento unicameral, a Majlis de Maldivas, composta por cincuenta membros, corenta e dous elixidos por sufraxio universal e oito nomeados polo presidente. Renóvase cada cinco anos.
Ata 2005 Maldivas tiña un sistema unipartidista dominado polo Dhivehi Rayyithunge Party. Ese ano legalizáronse os partidos políticos, sendo o Partido Demócrata de Maldivas o principal referente opositor.
Subdivisións [editar]
As Maldivas teñen 26 atois naturais, divididos en 20 atois administrativos.
Atois administrativos:
- Thiladhunmathi Uthuru Haa-Alif
- Thiladhunmathi Dhekunu Haa-Dhaalu
- Miladhunmadulu Uthuru Shaviyani
- Miladhunmadulu Dhekunu Noonu
- Maalhosmadulu Uthuru Raa
- Maalhosmadulu Dhekunu Baa
- Faadhippolhu Lhaviyani
- Malé atol Kaafu
- Ari atol Uthuru Alif-Alif
- Ari Atoll Dheknu Alif-Dhaal
- Felidhé atol Vaavu
- Mulaku atol Meemu
- Nilandhé atol Uthuru Faafu
- Nilandhé atol Dhekunu Dhaalu
- Kolhumadulu Thaa
- Hadhdhunmathi Laamu
- Huvadhu atol Uthuru Gaafu-Alif
- Huvadhu atol Dhekunu Gaafu-Dhaalu
- Fua Mulaku Ñaviyani
- Addu Seenu
Xeografia [editar]
As Maldivas manteñen a marca de ser o país máis plano no mundo, cunha altitude máxima de só 2,4 metros na illa Vilingili, no atol Addu. Aínda que os informes indican unha perigosa subida do nivel do mar, este nivel baixou na realidade durante as últimas décadas.
Un tsunami no Océano Índico causado polo terremoto do 26 de decembro de 2004, causou que un sector das Maldivas fose cuberto polo mar, deixou a moitas persoas sen fogar, matou 82 persoas e outras 26 desapareceron. Despois do desastre, os cartógrafos están planeando redibuxar o mapa das illas devastadas polas alteracións provocadas polo tsunami. O pobo e o goberno están preocupados de que eventualmente o país sexa borrado do mapa.
Clima [editar]
As Maldivas posúen un clima tropical moderado pola presenza do Oceano Índico, que determina unha temperatura case constante ao longo do ano. Moi raras veces a temperatura descende por baixo de 25 graos. O clima de Maldivas está determinado polo sistema de monzones típico de certas rexións tropicais e ecuatoriais. Existen dous períodos importantes: a estación do monzón "seco" de inverno (iruvai) que sopra desde o nordés desde novembro a marzo, que é a época máis fresca; e a estación do monzón húmido de verán (hulhangu) que sopra do suroeste desde maio a novembro. Esta última caracterízase por ventos máis violentos, e maior precipitación. Nos períodos intermedios de mediados de abril e de fins de novembro as condicións meteorolóxicas son moi benignas e as augas posúen a súa máxima claridade. A humidade é claramente inferior durante o monzón de inverno.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía das Maldivas.
A economía das Maldivas foi por moitos séculos totalmente dependente da pesca e outros produtos mariños; e aínda hoxe segue sendo a principal ocupación da poboación. Este feito significou tamén que o goberno déalle unha prioridade especial ao desenvolvemento do sector pesqueiro.
Ademais da pesca, outra actividade que creceu durante os últimos anos é o turismo. O seu desenvolvemento creou directa e indirectamente emprego e xerou oportunidades noutras áreas laborais, como ser as industrias. Na actualidade, o turismo é responsable polo maior ingreso de moeda estranxeira ao país, contribuíndo cun 20 % do PNB. Con 86 centros turísticos en operación, no ano 2000 alcanzouse a cifra de 467.174 turistas estranxeiros.
A pesca desenvolveuse nos últimos tempos de forma considerable. En 1974 mecanizouse o bote tradicional de pesca e tres anos despois instalouse unha planta de envasado de peixe na illa de Felivaru. Ademais, en 1979 creouse un Comité que asesora ao goberno sobre temas de pesca e ata se incluíu temas relacionados coa pesca no currículo escolar. Grazas a este desenvolvemento e ao establecemento da Zona Económica Exclusiva de Maldivas, a industria pesqueira contribúe con máis do 15% no PIB.
A agricultura esta limitada pola escaseza de terras cultivables, hai pequenas plantacións de palmeiras cocoteras, papaia e árbore do pan. O coco representa o principal recurso agrícola, elaborándose tecidos coa súa fibra e elaborando copra. É tan importante o coco que o valor dunha illa determínase polo número de palmeiras cocoteiras que posúe o cal é controlado anualmente en forma rigorosa polo Xefe da illa. Nas illas máis grandes hai algunhas plantacións de froita e verdura, que sofren pola escaseza de auga e a alcalinidad do terreo. Existen algúns experimentos con cultivos hidropónicos en curso.
Demografia [editar]
As Maldivas comprenden un grupo de ao redor de 1.900 illas no océano Índico. Probablemente os seus primeiros poboadores procederon do sur da India e foron falantes indo-europeos de Sri Lanka, durante os séculos IV adC e V adC. No século XII, chegaron ás illas navegantes desde África do leste e países arábigos. Na actualidade, a identidade étnica das Maldivas é unha conxunción desas culturas, reforzada pola relixión e o idioma. Orixinariamente budistas, os cingaleses foron convertidos ao sunismo a mediados do século XII. O Islam é a relixión oficial.
Ao ano 2007, Maldivas ten unha poboación de 369.000 habitantes. A esperanza de vida é de 64 anos. O 97.2% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 4.78 unha das taxas máis elevadas do mundo, o cal está provocando un crecemento poboacional nunca visto na historia do país, isto vai levar á destrución dos seus bosques e recursos naturais.
O idioma oficial é o dhivehi (a escritura é chamada Thaana), un idioma indoeuropeo relacionado co cingalés, o idioma oficial de Sri Lanka. O sistema de escritura thaana é de dereita a esquerda. O inglés é amplamente utilizado para o comercio e de xeito crecente, é un medio de ensino nas escolas gobernamentais.
Cidades [editar]
Segundo os datos do censo de marzo de 2006, as principais poboacións son:
- Malé: 104.403 habitantes
- Hithadhoo: 9.407 habitantes
- Fuvammulah: 7.642 habitantes
- Kulhudhuffushi: 7.206 habitantes
- Thinadhoo: 4.453 habitantes
Cultura [editar]
Os Maldivas son un país musulman rigoroso. O Islam é a soa relixión legal. Está prohibido introducir :
- obxectos doutras relixions sexa a que sexa a natura (insiñas, libros, estatuas, etc, inclusive souvenirs, de India ou de Ceilán, por exemplo)
- alcohol, carne de porco, etc.
- revistas ou obxectos eróticos.
Como o país non pode pasar do aporte economico do turismo, estes obxectos, cando son detectados na aduana do aeroporto de Malé, son metidos en consigna e devoltos á saída.
Os hoteis, situados nas illas onde non poden servir aos habitantes do país, serven alcohol sen restrición. Practicamente o só lugar onde o turista non musulmán pode contactar coa poboación local é na pequena capital, Male. Nas outras illas, unha segregación estrita é aplicada.
Turismo [editar]
Maldivas é famosa pola beleza e rareza do seu mundo subacuático. A diversidade das cores azul e turquesa das súas augas e abundancia e variedade da vida subacuática fascinan aos amantes do mergullo. A visibilidade submarina que ás veces chega a ser de ata 50 metros sumado á calidez das augas fai moi pracenteira a práctica de actividades subacuáticas. Maldivas é chamada 'o último paraíso sobre a terra' e en efecto posúe un conxunto de atributos de ilusión: illas tropicais virxes con palmeiras, praias con areas de blancura inmaculada e lagoas de augas turquesa.
Moitos dos complexos vacacionais posúen escolas de mergullo profesionais que cobren as necesidades de novatos e expertos. Ademais é moi común que os hoteis posúan arrecifes coralinos pouco profundos a escasos metros da praia, que son adecuados para persoas que practican snorkel e onde tamén é posible practicar a fotografía subacuática. Unha serie de sitios sobre o lado leste do atol ao norte de Male posúen moi boas condicións para a práctica do surf, deporte que está comezando a desenvolverse nesa zona. En Maldivas tamén é posible realizar avistaxe embarcado de baleas e golfiños. Máis de vinte especies foron identificadas nas augas do arquipélago.
O desenvolvemento do turismo fomentou o crecemento total da economía do país. creou oportunidades directas e indirectas de emprego e de renda noutras industrias relacionadas. Hoxe, o turismo é a maior via de ingreso de moeda estranxeira do país, contribuíndo ó vinte por cento do PIB. Cos recursos turísticos de oitenta e seis complexos turísticos en funcionamento, o ano 2006 rexistrou 601.923 chegadas turísticas
|
||||||||
