Malí - Mali
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
| République du Mali República de Malí |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Malí, oficialmente República de Malí, en francés: République du Mali; en bambara: Mali ka Fasojamana, é un país africano. É un estado sen costa, o sétimo máis extenso de África, e limitado ao oeste e norte pola Mauritania, ao norte pola Alxeria, ao leste polo Níxer, ao sur por Burkina Faso, pola Costa do Marfil e pola Guinea e ao oeste polo Senegal. A súa capital é Bamaco.
O seu tamaño é de 1.240.000 km² e a súa poboación estímase en 12.000.000 de habitantes. Constituída por oito rexións, Malí ten as súas fronteiras do norte no medio do Sahara, mentres que a zona meridional, onde vive a maior parte da poboación, está na beira dos ríos Níxer e Senegal. A estrutura económica do país céntrase na agricultura e a pesca. Pese a ter recursos naturais como o ouro, uranio, sal, está considerada un dos lugares máis pobres do mundo. A metade da poboación vive baixo o limiar de pobreza internacional, establecido en 1'25 dólares por día.[1]
O actual territorio maliano foi sede dos tres imperios de África occidental que controlaron o comercio transahariano: o Imperio de Ghana, o Imperio de Malí e o Imperio songhay. A finais do século XIX, Malí caeu baixo dominio de Francia, pasando a formar parte do Sudán francés. En 1959 conseguiu a súa independencia canda Senegal, converténdose así na Federación Malí, a cal remataría un ano despois. Tras un tempo no que existía un único partido político, un golpe de Estado en 1991 conlevou a creación dunha nova constitución e o estabelecemento de Malí como unha nación democrática cun sistema pluripartidista.
Índice |
Historia [editar]
Cunha antiga historia de ricos reinos africanos, entre os cais o famoso Imperio Gana, o Malí foi ocupado polos franceses a fins do século XIX, tendose tornado parte do “Sudán Francés” no 1890, cun gobernador estacionado en Kayes. En 1958, o territorio tornouse autónomo, mais facendo ainda parte da “Comunidade Francesa” e accedeu á independencia o 22 de setembro de 1960.
Política [editar]
- Artigo principal: Política de Malí.
Subdivisións [editar]
- Artigo principal: Subdivisións de Malí.
As principais subdivisións do Malí son denominadas rexións (todas as rexións levan o nome da súa cidade principal):
- Tombouctou ou Timbuktu
- Kidal
- Gao
- Mopti (onde se encontran as Falesias de Bandiagara, Patrimonio Mundial)
- Ségou
- Koulikoro (onde se atopa a capital, Bamako)
- Kayes
- Sikasso
Tamén se distingue un distrito capital de Bamako.
Xeografia [editar]
- Artigo principal: Xeografía de Malí.
A cidade de Timbouctou foi considerada Património Mundial.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía do Malí.
A economía do Malí confina a súa actividade basicamente á área irrigada polo río Níxer e o país en si está entre os mais pobres países do mundo, co 65% da súa área coberta por deserto ou semi-deserto. Cerca do 10% da populación é nómada e cerca de 80% da man-de-obra dedicase á agricultura e á pesca. A actividade industrial está concentrada no procesamento de produtos agropecuarios. O Malí é moi dependente da axuda externa e a súa economía é vulnerable ás flutuacións dos prezos do algodón nos mercados mundiais, a súa exportación principal. En 1997, o goberno perseguiu a implementación dun programa de axustamentos estruturais da economía, recomendado polo FMI, que ten axudado a economía a medrar, diversificarse e atrair investimento estranxeiro. A adhesión do Malí ás reformas económicas e unha desvalorización do 50% do franco africano en Xaneiro de 1994 fixeron aumentar o crecimento económico. Varias empresas multinacionais aumentaron as operacións de mineración de ouro no período entre 1996 e 1998 e o goberno preve que o Malí se torne nun dos principais exportadores de ouro subsaharianos nos próximos anos.
Demografia [editar]
- Artigo principal: Demografia de Malí.
Cultura [editar]
- Artigo principal: Cultura de Malí.
Notas [editar]
- ↑ UNDP (2009). "Anexo estadístico" (en castelán) (PDF). Índice de Desenvolvemento Humano 2009. http://hdr.undp.org/en/media/HDR_2009_ES_Indicators.pdf. Consultado o 30 de xaneiro de 2010.
|
||||||||