Makrónisos - Μακρόνησος
| Makrónisos - Μακρόνησος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2010) | Deshabitada |
| Superficie | 18´427 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 37°41′N 21°08′E / 37.683°N 21.133°E |
| Maior Altura | 281 m. |
| Localización | |
Makronisos (grego: Μακρόνησος) é unha illa pertencente ao grupo das Cícladas situada ao oeste de Kea e ao sur do porto de Lavrio, en Cabo Sunión. Ten unha superficie de 15 km² e 28 km de litoral. De forma alargada mide uns 13 km en dirección N-S por tan só 400-500 m en dirección E-O.
Na antigüidade a illa era chamada Helena xa que segundo a lenda detívose nela este personaxe de camiño a Troia. Restos arqueolóxicos mostran que a illa foi habitada desde tempos prehistóricos.
Na canle que separa Makronisos de Kea afundiuse o barco hospital HMHS Britannic, xemelgo do Titanic, tras chocar cunha mina ás 08:21 h do 21 de novembro de 1916. 55 minutos máis tarde a nave foise a pique, repousando agora a 120 m de profundidade. 30 persoas faleceron no naufraxio e unhas 1.000 puideron ser salvadas polos pescadores de Koritsiá, a capital de Kea. O barco, que se dirixía aos Dardanelos, non transportaba feridos.
Durante a guerra civil grega e a ditadura dos coroneis, Makrónisos foi utilizado como lugar de deportación dos prisioneiros políticos, principalmente dos membros do partido comunista. Actualmente deshabitada, a illa é considerada un monumento conmemorativo da guerra civil.