Makea Takau Ariki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Makea Takau Ariki (1885)

Makea Takau Ariki (1845 - 1911), foi a ariki da dinastía Makea Nui Ariki, unha das tres xefaturas da tribo Te-au-o-Tonga de Rarotonga nas Illas Cook.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sucedeu a seu tío Makea Abela Ariki en 1871.[1], na década de 1860 casou con Ngamaru Rongotini Ariki, un dos tres arikis de Atiu. Reinou durante corenta anos, nunha época crucial para as Illas Cook, en 1885 visita co seu home a Nova Zelandia, onde a presentan como a raíña de Rarotonga, por medo a unha expansión francesa na rexión asina á súa volta á illa xunto con Tinomana Mereana Ariki e os arikis de Atiu unha petición demandando a protección da coroa británica, en setembro ao paso dun navío de guerra francés por Avarua izou a bandeira británica, convertendo á illa de facto en protectorado británico, oficializándose nunha cerimonia de izado da bandeira británica en outubro ao chegar á illa un barco de guerra británico[2]. Frederick Moss foi o primeiro residente británico, que puxo en vigor unha organización federal con un parlamento e un goberno, Makea Takau converteuse na cabeza do consello executivo aínda que o residente británico lle deu máis poder político a Makea Vakatini Tepou o te Rangi Ariki. Aínda que Makea Takau se opuxo a unha anexión a Nova Zelandia finalmente tivo lugar o 7 de outubro de 1900, confirmando o novo residente neozelandés, Walter Edward Gudgeon, a Makea Takau como xefe do goberno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. guide2womenleaders.com Cook Islands Heads
  2. History of the Cook Islands: The British period www.ck