Makea Nui Ariki
A dinastía Makea Nui Ariki é xunto coa dos Makea Karika Ariki e a dos Makea Vakatini Ariki unha das tres liñas de ariki da tribo (vaka) de Teauotonga en Rarotonga (Illas Cook), tradicionalmente a que máis influencia política tiña das tres.[1]
Índice |
Historia [editar]
Segundo a literatura oral o fundador foi Karika, orixinario de Manu'a (actualmente na Samoa Americana) chegou a Rarotonga a mediados dos século XIII, contemporáneo de Tangiia Nui, fundador da tribo de Takitumu e co que se aliou, ofrecéndolle como esposa a súa filla, Mokoroa ki Aitu. A mediados do século XVIII, Makea Te Patua Kino confire tres fillos seus un título de ariki, que son a orixe das tres xefaturas actuais da tribo. Desde 1994 o título está en disputa por varias pólas da familia Makea. A sede da dinastía é le Para o Tane, comunmente denominado Palacio Makea, situado no centro de Avarua, preto do antigo koutu de Taputapuatea.
Arikis [editar]
De Karika a Makea Te Patua Kino (c.1250-c.1750) [editar]
O nome dos arikis entre o século XIII e mediados do século XVIII débense á tradición oral, recolléronse varias xenealoxías, non sempre coincidentes, a de Henry H. Nicholas que realizou a comezo da década de 1890 recollida do ariki Makea Takau publicouse no Journal of the Polynesian Society co título de "Ko te papa ariki teia mei Avaiki mai, mei roto ia papa". Outras versións son as de Stephen Savage baseada en Tamuera Te Rei, difire notablemente da anterior, mentres que a de Edward Robert Tregear publicada na obra « Maori-Polynesian Comparative Dictionary » (1891), aproxímase máis á primeira, aínda que non achega datos do informante.
| Versión de Makea Takau | Versión de Tamuera Te Rei | Versión publicada por Edward Tregear |
|---|---|---|
|
|
|
De Makea te Patua Kino en diante [editar]
- Makea Te Patua Kino
- Makea Pini
- Makea Tinirau que abdicou en seu fillo Makea Pori en 1823, logo dunha guerra civil entre Teauotonga e Takitumu, finou en 1826.
- Makea Pori (1823-1839)
- Makea Davida (1839-1845) fillo do anterior
- Makea Te Vaerua (1845-1857), irmá do anterior, foi a primeira muller en obter o título de ariki
- Makea Daniela (1857-1866), irmán da anterior
- Makea Abela (1866-1871), irmán do anterior
- Makea Takau Ariki (1871-1911). Nada en 1840, era filla de Makea Davida e dunha muller da familia Manarangi[4] ou de Makea Te Vaerua[5]. Casou con Ngamaru Rongotini Ariki, un dos tres arikis de Atiu
- Rangi Makea Ariki (1911 - 1921), casou con Tapumanoanoa filla de Papehia e Tinomana Enuarurutini.
- Makea Nui Tinirau Teremoana Ariki (30 de agosto de 1921-25 de xaneiro de 1939), accedeu ao título con controversia, xa que os mataipo da tribo fixeron saber a súa preferencia por Ngoroio Pori Makea (fillo de Makea Daniela).
- Makea Nui Takau Margaret Tinirau Rio Ariki (1939-1949), filla de Makea Nui Tinirau Teremoana Ariki. Casou en 1928 Edward Te Whiti Rongomai Love, maorí de Nova Zelandia, que morreu comandando o 28º Batallón (Maorí) durante a Segunda Guerra Mundial en Europa..
- Makea Nui Tapumanoanoa Teremoana Ariki (1950-1994), segunda filla de Makea Nui Tinirau.
Pretendentes ao título (1994-2010) [editar]
Logo da morte de Makea Nui Tapumanoanoa Teremoana Ariki, apareceron numerosos pretendentes ao título pero ningún accedeu legalmente a el a pesar de numerosas tentativas de reconciliación e procesos xudiciais.
- Inanui Love Nia, filla de Makea Nui Takau Margaret Ariki e Edward Te Whiti Rongomai Love, morta en outubro de 1996. O Tribunal Supremo das Illas Cook negoulle ao acceso ao título por non consultar ao Potikitaua, o voceiro (va'a tuatua) da xefatura, a pesar de que el mesmo se autotitulara con ese título[6]
- Mere Maraea MacQuarrie, a filla menor de Makea Nui Teremoana Ariki, foi investida co título e participa nas xuntanzas da Cámara dos Arikia reçu une investiture contestée en 1996 et participe aux réunions de la Chambre des Ariki sen xurar o posto
- Nooroa Matua da liña Sadaraka afirmou ser investido no Palacio Makea o 14 de agosto de 1998 logo de ser elixido pola súa tribo[7]. Morreu en abril de2009
- Yolande Browne, afirma descender de Putua Ariki, fillo de Rangi Makeakea. [8]. Seu pai William Parau Browne reivindicara o título en 1939 diante o Tribunal Supremo logo da morte de Makea Nui Tinirau.
- Matapo Oti Oti, orixinario de Mauke mais vivindo en Tahití desde a década de 1970[9].
- Upokotoko'a que descende do ariki Makea Abela
- Stanley (Tutavake) Adam Hunt (Taka'ia Ta'unga) recibiu o 16 de maio de 2009 unha investidura no marae de Oroenga sen recoñecemento polo goberno[10]
Galería [editar]
-
Makea Pori, coa Biblia nunha man e o atributo de xefe (ta'iri) na outra
-
(De esquerda a dereita) Ngamaru Rongotini Ariki (Atiu), Louisa Jane Seddon, Makea Takau Ariki e Richard Seddon primeiro ministro de Nova Zelandia de 1893 a 1906.
-
De esquerda a dereita: Pa Maretu Ariki, Makea Takau Ariki, Hon. H.C. Mills, Tinomana Mereana Ariki
-
Makea Nui Tinirau Teremoana Ariki (primeira fila, 2º a partir da esquerda) no Consello Insular de Rarotonga (ca. 1923-1925)
Notas [editar]
- ↑ Ronald Gordon Crocombe. Land Tenure in the Cook Islands, p. 21
- ↑ É o fillo máis novo de Rangi-Makea na versión de Tamuera te Rei
- ↑ Tukarae é o fillo de Tumupu (irmán de Ekeeke)
- ↑ Report of the Australasian Association of the Advancement of Science, volume 2, 1890.p 628.[1]
- ↑ Maretu, "Cannibals and Converts", p.97. Marjorie Crocombe afirma nunha nota, "Makea Te Vaerua was a classificatory mother of Makea Takau"
- ↑ "Changes to succession to Makea Nui tribal title?" Cook Islands Herald, 15 de abril de 2009)
- ↑ Matua v Manarangi (1998) CKHC 1; APPLICATION 306.1998 (14 August 1998)
- ↑ "Makea contender wanting to rewrite history?" (Cook Islands Time n°272 du 13 octobre 2008)
- ↑ Tahiti clamant seeks title (Cook Islands News du 20 janvier 2009)
- ↑ "Another makes claim for Makea Nui title" (Cook Islands News du 16 mai 2009)