|
|
|
A pataca de Galicia é unha indicación xeográfica con denominación de orixe protexida creada para destaca-la excelencia da pataca obtida en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre con tódolos requisitos esixidos no mesmo. O tubérculo definido como Pataca de Galicia correspóndese coa especie Solanum tuberosum L., da variedade cultivada 'Kennebec', destinada ao consumo humano. Esta denominación de orixe abrangue unhas superficie agrícola situada anualmente en torno ás 1.500 a 1.800 hectáreas de cultivo. O terceiro domingo do mes de setembro, celébrase a festa da pataca no concello coruñés de Coristanco.
|
|
Vexa tamén o mes de xaneiro na cultura popular galega.
|
|
|
|
Montserrat Concepción Viviana Caballé Folch, nada en Barcelona o 12 de abril de 1933, é unha soprano lírica catalá. É recoñecida pola súa técnica vocal e é unha das máis admiradas cantantes de ópera do mundo.
Entre o seu repertorio hai obras de, entre outros, Boito; Dvořák; Donizetti; Falla; Gluck; a Cleopatra do Xulio César de Haendel; Leoncavallo; Mascagni; Massenet; o Don Giovanni, as Vodas de Fígaro ou a Frauta Máxica de Mozart; Pergolesi; La Bohème, Madama Butterfly ou a Turandot de Puccini; a Elisabetta, Regina d'Inghilterra, a Semiramide, Il viaggio a Reims, a Matilde do Guglielmo Tell ou a Rosina do Barbeiro de Sevilla de Rossini; Saint-Saëns; Salieri; a Salomé, a Ariadne auf Naxos ou Elektra de Strauss; Tchaikovski; a Violetta da Traviata, a Leonora do Trovatore, a Elena de I vespri siciliani, a Leonora de La forza del destino, Aida ou a Desdemona de Otello de Verdi e Tannhäuser, Tristan und Isolde ou Parsifal de Wagner.
|
|
|
Etapas construtivas da Torre Eiffel
- 1547, morre Henrique VIII de Inglaterra, rei, creador da Igrexa Anglicana
- 1853, nace José Martí, revolucionario cubano (m. 1895).
- 1887, comeza a construción da Torre Eiffel.
- 1930, morre en Asados, Rianxo Manuel Antonio, poeta galego (n. Rianxo, 12 de xullo de 1900).
- 1935, Islandia é o primeiro país en legalizar o aborto.
|
|
|
|
|
|
 Índice de categorías
|
|
|
|