Magnitogorsk Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Magnitogorsk Arena (en ruso Арена-Металлург) é un pavillón deportivo da localidade de Magnitogorsk, Oblast de Tcheliabinsk (Rusia). Foi construído no 2006 e ten capacidade para 7500 espectadores. Neste pavillón desputa os seus partidos como local dende o 2007 o Metallurg Magnitogorsk, que compite na Kontinental Hockey League de hóckey sobre xeo, tamén xoga como local o seu filial, o Stalnye Lisy, que compite na Minor Hockey League (MHL) dende o 2009. Sustituíu ao Pazo de deportes de xeo Romazan a finais do 2006. Abriuse o 12 de xaneiro do 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]