Magnetopausa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa física que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A magnetopausa é a fronteira magnética entre o campo magnético ou magnetosfera e o vento solar, feito de plasma. É a rexión en torno da magnetosfera, na cal o vento fica detido. Esta rexión presenta unha variación de dimensión que depende da posición relativa da Terra e do Sol. Na zona iluminada polo Sol atópase a sesenta mil quilómetros de distancia da superficie da Terra. Na rexións afastadas da incidencia directa do Sol, esa distancia aumenta progresivamente, até a orde de decenas de millóns de quilómetros.