Madame Germen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madame Germen
OrixeA Coruña, Galiza
Xénero(s)Crust

Madame Germen foi unha banda coruñesa de crust, con letras escritas en galego reintegrado cun contido fortemente comprometido. A súa actividade desenvolveuse durante os primeiros anos do século XXI e atinxiu varios concertos polo país, especialmente nas coñecidas como Ruínas (nave industrial abandonada nas aforas da Coruña, onde se celebraban habitualmente concertos), así como unha xira europea. O seu estilo estaba fortemente influenciado pola mítica banda de crust coruñesa Ekkaia aínda que achegando o seu propio selo persoal. Deixaron rexistrados dous discos ao seu nome (o segundo de maneira póstuma).

Discografía[editar | editar a fonte]

  • As cicatrizes do paraíso (Yellow Dog, 2003)
  • Que a fame de xustiza acorde a nossa sede de vingança (2004)
  • Invocación á morte (2005)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]