Macrolepiota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macrolepiota
Macrolepiota procera
Macrolepiota procera
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Subclase: Agaricomycetidae
Orde: Agaricales
Familia: Agaricaceae
Xénero: ''Macrolepiota''
(Scop. : Fr.) Sing.
Especie tipo
'Macrolepiota procera'
(Scop.) Singer

Macrolepiota é un xénero de fungos basidiomicetos da familia Agaricaceae. A especie tipo, e máis coñecida, é Macrolepiota procera, o cerrote. O xénero ten unha distribución moi ampla e contén unhas 30 especies.[1]

Recentemente, os estudos de ADN dividiron o xénero en dous clados. O primeiro inclúe a M. procera, M. mastoidea, M. clelandii, así como algunhas especies estreitamente relacionadas. O segundo é máis diverso, inclúe a M. rhacodes, Chlorophyllum molybdites e outras especies.[2]

Macrolepiota albuminosa é moi usada na gastronomía da China, onde se lle chama jīzōng (鸡枞; literalmente "abeto de polo").

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kirk. P.M. et al (2008). Dictionary of the Fungi (10ª ed.). Wallingford: CABI. p. 396. ISBN 978-85199-826-8. 
  2. Vellinga EC, de Kok RPJ, Bruns TD (2003). Phylogeny and taxonomy of Macrolepiota (Agaricaceae). 95. pp. 442–456. DOI:10.2307/3761886. http://www.mycologia.org/cgi/content/full/95/3/442. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macrolepiota Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Macrolepiota