Macizo do Turbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Val de Benasque, co macizo do Turbón ao fondo

O Turbón é un macizo dos Pireneos, sito na comarca da Ribagorza, na provincia de Huesca, que ten o seu cume a 2.492 metros sobre o nivel do mar.

Oriéntase de norte a sur, dominando polo leste a conca do río Isábena e polo oeste, a depresión de Campo. Está formado por un grande anticlinal fallado no seu flanco oriental e modelado fundamentalmente en margas e potentes bancos calcáreos do idade cretácica, que forman escarpes verticais de máis de 500 metros. A súa flora, con abundantes endemismos, é de grande interese xeobotánico.