Macbeth (Bloch)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Macbeth
Macbeth
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos, 7 escenas
Idioma orixinal do libretoFrancés
LibretistaEdmond Fleg
Fontes literariasMacbeth de William Shakespeare
Estrea30 de novembro de 1910
Teatro da estreaOpéra-Comique
Lugar da estreaParís
Música
MúsicaErnest Bloch
Personaxes

Macbeth é unha ópera en tres actos con música e libreto de Ernest Bloch e libreto en francés de Edmond Fleg, baseado na peza epónima de William Shakespeare. Composta entre 1904 e 1906, estreouse o 30 de novembro de 1910 na Opéra-Comique en París. A recepción foi decepcionante, e tras unha quincena de representacións, a obra retirouse de cartel.

Nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece con só 2 representacións no período 2005-2010, sendo a máis representada de Bloch.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia é esencialmente a da obra de Shakespeare, cos cinco actos comprimidos en tres. A ópera contén sete tableaux, co preludio comprendendo a primeira escena, e cada un dos tres actos formados por dúas escenas.

Á volta dun combate vitorioso, Macbeth e Banco encontran a tres bruxas que saúdan a Macbeth como futuro rei de Escocia. Cando se anuncia a chegada do rei Duncan, Lady Macbeth ambiciosa e ávida de poder, incita ao seu marido a que actúe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]