Macaco (banda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macaco
Macaco-02.jpg
Actuación en Barcelona en xullo de 2010.
Orixe Barcelona, Cataluña Cataluña
Período 1997 – presente
Xénero(s) Pop
Rumba
Ska
Mestizaxe
Selo(s) discográfico(s) Mundo Zurdo
Edel
Membros Daniel 'Mono Loco' Carbonell
Jules Bikôkô
Miki Ramirez
Tomas Tirtha Rundquist
DJ Helios
Didak Fernandez
Steffan Rundquist
Web oficial www.macaco.es

Macaco é un grupo musical de Barcelona, creado en 1997 e liderado por Daniel 'Mono Loco' Carbonell. Os membros, orixinarios de diversos países como Brasil, Camerún, Venezuela ou España, doan á súa música unha cor mesturada, con acentos electro de música latina e de rumba. Cantan en diferentes idiomas, entre eles o español, portugués, francés, inglés, catalán e italiano.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo realmente formouse na rúa. Empezou tocando na praza Catalunya e As Ramblas de Barcelona. A nai de Daniel chamábao "Micu" cariñosamente en catalán, que é un sinónimo da palabra mono. E tempo despois empezóuselle a coñecer como Macaco.

Fórmase en 1997 cando El Mono Loco decidía pór en marcha un proxecto cosmopolita, xa intuía que o futuro pasaría polo diálogo multicultural, pola comuñón de palabras e sons, de aromas e cheiros, de gustos e sabores. Para a banda o natural é a mestura, a través da cal procuran buscar outros sons distintos. É unha banda onde conflúen o talento e a bagaxe dunha serie de músicos procedentes de Brasil, Cuba, Venezuela, Camerún, Cimbabue e, por suposto, España.

O seu primeiro disco titulado El Mono en el Ojo del Tigre (Edel, 1999) foi editado en España, Francia, Italia, Bélxica, Suíza, Suecia, Países Baixos, Austria e Arxentina. David Byrne remezclara Delaveraveraboom e invitou a Macaco a producir e mesturar a Los de Abajo ou King Changó.

Con Ojos de Brujo, Chico Ocaña (Mártires del Compás), o italiano Roy Paci (Mau Mau, Radio Bemba) o brasileño Lenine ou os senegaleses Touré Kunda como invitados de excepción, Rumbo Submarino (Edel, 2001) que obtivo excelentes críticas e presentouse nos principais festivales europeos, do Womad ao Grec, do Popkomm á Mar de Músicas, do Couleur Café ao Etnosur. Tras máis de setenta concertos en 2002, Macaco El Mono Loco aínda tivo tempo de traballar con Ojos de Brujo en "Barí", con Carlos Jean en "Back To The Earth" e con Amparanoia en "Enchilao". E de participar nas bandas sonoras de "Amnesia" (2002), de Gabriele Salvatore (Óscar á Mellor Película Estranxeira por "Mediterráneo"), "Darkness" (2002), de Jaume Balagueró (Mélies de Ouro no Festival de Sitges por "Los sin nombre") e "A más" (2002), de Xavi Rivera, onde interpreta un pequeno papel xunto á actriz Najwa Nimri.

Macaco fundou a súa propia editorial, El Murmullo, o seu propio selo discográfico, Mundo Zurdo, para gravar un disco, Entre raíces e antenas (2004), a partir do cal gravarían os seus álbums nesa discográfica.

En 2006 publica novo disco, Ingravitto con colaboracións de Lamari de Chambao, Naçãou Zumbi, Bnegao, Muchachito Bombo Infierno ó Caparezza entre moitos outros.; e o tema Sideral como primeiro single.

En 2009 saca un vídeo en colaboración con National Geographic chamado Moving. No vídeo aparecen varios artistas recoñecidos mundialmente como Juan Luis Guerra e Juanes, e actores como Javier Bardem e Javier Cámara. O tema usouse como sintonía oficial da serie de actos en conmemoración do Día da Terra, que organizou National Geographic o día 22 de abril de 2009 e para a edición do xogo FIFA 09.[1] A canción foi obxecto de polémica cando o partido de extrema dereita Falanxe Española usouno no seu vídeo para a campaña electoral para as Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009. Por este feito, o grupo, a través da súa compañía, EMI, fixo público un comunicado no que explicou que estudaba demandar a ese partido por uso "ilícito e ofensivo" do tema e por "vulneración dos dereitos de propiedade intelectual".[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Jambito Loco (Maqueta, 1996)
  • El Mono En El Ojo Del Tigre (Edel, 1998)
  • Rumbo Submarino (Edel, 2002)
  • Entre Raíces Y Antenas (Mundo Zurdo - EMI, 2004)
  • Ingravitto (Mundo Zurdo - EMI, 2006)
  • Puerto Presente (Mundo Zurdo - EMI, 2009)
    • Puerto Presente - Edición Especial (Mundo Zurdo - EMI, 2009)
  • El Vecindario (Mundo Zurdo - EMI, 2010)
    • El Vecindario - Edición Especial (Mundo Zurdo - EMI, 2010)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macaco