Mabon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Menú rapido
Wicca
Correntes
Wicca británica tradicional
Outras denominacións wiccanas
Puntos básicos
Doutrina wiccana Liturxia wiccana
Gerald Gardner Historia da Wicca
Igrexa wiccana Universalismo
Ligazóns
Mundialismo
Eclecticismo
Neopaganismo

Mabon é o nome usado polos wiccáns e por outras formas de neopaganismo que corresponde a unha das oito festividades solares anuales celebradas por esas tradicións espirituais dentro da roda do ano. Concretamente é un dos catro sabbats menores e fai referencia ó equinoccio outonal,[1] o cal ten lugar o 23 de setembro no Hemisferio Norte (ocasionalmente celébrase o 22 de setembro). Moitos celébrano o 21 de setembro debido á referencia errónea que se fai no calendario gregoriano[Cómpre referencia], usado en Estados Unidos e en Gran Bretaña dende 1753. No Hemisferio Sur, o equinoccio outonal celébrase ó redor do 21 de marzo.

Tamén coñecida coma "Tempo de Recolleita", "O Banquete", "Día de Acción de Grazas", ou sinxelamente equinoccio outonal[Cómpre referencia], esta festa é un ritual de conclusión da colleita, para dar grazas polos froitos que a terra deu[2] e o recoñecemento da necesidade de compartilos para asegura-las bendicións da Deusa e o Deus durante os meses invernais[Cómpre referencia]. O nome deriva de "Mabon ap Modron", un personaxe da mitoloxía galesa, e foi creado por Aidan Kelly aproximadamente no ano 1970.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Farrar, Janet & Farrar, Stewart (2003). "Introducción". La biblia de las brujas : manual completo para la práctica de la brujería (1 ed.). Madrid: Equipo Difusor del Libro. pp. 11–31. ISBN 9788495593078. OCLC 52910830. 
  2. Farrar, Janet & Farrar, Stewart (2003). La biblia de las brujas : manual completo para la práctica de la brujería (1 ed.). Madrid: Equipo Difusor del Libro. p. 125. ISBN 9788495593078. OCLC 52910830. 
  3. Zell-Ravenheart, Oberon, 1942- (2006). Creating circles & ceremonies : rituals for all seasons & reasons. Franklin Lakes, NJ: New Page Books. ISBN 9781564148643. OCLC 68221165.